O pasado día 11 de abril, celebráronse as reunións da
Comisión Negociadora do IV Convenio Colectivo (persoal laboral) e Mesa
Sectorial (persoal funcionario onde a CIG ten representación) cun único punto a
tratar na orde do día: “Incrementos retributivos 2019”. O incremento
correspondente ao ano 2019, froito dos Acordos subscritos polos sindicatos CCOO,
UGT e CSIF co PP en marzo de 2018. A suba correspondente a este ano será dun
2,25 %, con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro 2019 nas seguintes
retribucións:
FIXOS: Salario Base, Pagas
Extraordinarias, Trienios ou Antigüidade, Complemento do Posto Tipo ou de
Destino e Complemento de Ocupación ou Específico.
VARIABLES: Complemento de Produción e
Asistencia, Complemento de Permanencia e Desempeño ou Complemento Específico
Tipo II, Complemento de Produtividade, Plus Festivo, Plus Sábado, Plus
Nocturnidade, Plus de Clasificación Mecanizada, Produtividade de Nadal,
gratificacións por eleccións, Suplido Achega Local, Horas Extraordinarias e
Plus de Residencia e incentivo singular pola prestación de servizos en Andorra.
As subas faranse efectivas na nómina do mes de maio
A CIG na Mesa Sectorial fixo constar que:
-
Con
estas subas pactadas en marzo de 2018 entre o goberno do PP e os sindicatos
CCOO, UGT e CSIF os empregados de Correos nos estamos quedando á cola no
aspecto retributivo con respecto ao resto de empregados públicos e sirva como
exemplo o Acordo asinado pola CIG na AGE onde o persoal laboral das últimas categorías
experimentaran unha suba de entre 80 a 100 euros mensuais mentres que en
Correos serán duns 90€ en 3 anos.
-
Que,
queremos a Devolución do 5% detraído no
ano 2010 polo PSOE.
-
Equiparación ao resto de funcionarios da AGE: Subida a nivel 14 dos funcionario
de Correos para o grupo C2 e nivel 16 para o grupo C1.
-
Aplicación
do EBEP en toda o seu extensión, así como de calquera norma que afecte ao
persoal funcionario da administración xeral do estado. exemplo R.D.do 28 de
decembro de 2012 en materia de xornadas e horarios do persoal da administración
xeral do estado.
-
Convocatoria
de excedencias incentivadas a partir dos 56 anos para todos os postos.
-
Que
se realice a promoción interna xa.
A única realidade é que estes sindicatos coa súa
firma nos deixaron sen unha negociación real durante os vindeiros 2 anos.
ESTES SINDICATOS NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI