30 de abr. de 2019

Correos Publica a Convocatoria de Ingreso de persoal Fixo 4.055 prazas



Hoxe 30 de abril de 2019, Correos publicou as bases da Convocatoria de Emprego 2019, na Web www.correos.es. Nas bases quedan establecidas os requisitos dos participantes e a valoración das dúas fases da convocatoria de emprego: Proba selectiva ou exame e fase de méritos.

A convocatoria será un concurso oposición ao que se poderá presentar calquera persoa que cumpra os requisitos, traballase en Correos ou non, con dúas fases. Haberá probas diferenciadas para os postos de Reparto e Axente Clasificación e para Atención ao Cliente.


POSTOS REPARTO (PÉ E MOTO) E AXENTE CLASIFICACIÓN


O proceso para estes postos será valorado cun máximo de 48 puntos, dos que 30 serán para a fase de proba ou exame e 18 para a fase de méritos, excepto para Reparto 1 (motorizado) cuxa puntuación máxima será de 51 puntos, dos que 30 corresponderán á fase de proba e 21 á de méritos.

A proba consistirá nun cuestionario tipo test, cun 90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos, segundo os 11 temas de exame que conteñen as bases e outro 10 % con preguntas psicotécnicas, As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 90 minutos para a realización do exercicio.

Para superar esta fase, o aspirante, deberá obter un mínimo de 15 puntos. A valoración máxima de ambos cuestionarios non poderá ser superior a 30 puntos. 


FASE DE MÉRITOS REPARTO (PÉ E MOTO) E AXENTE CLASIFICACIÓN


Aos aspirantes que superasen a proba ou exame, teráselles en conta estes méritos e puntuacións, valoradas a 31 xullo de 2019.


1. Antigüidade: puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de traballo en Correos durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo, ou o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,04 puntos, cun máximo de 2,88. 

2. Por desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,075 puntos, cun máximo de 3. 

3. Para os postos de traballo que o requiran, puntuarase a posesión dos permisos de condución de moto ( AA1) con 3 puntos e o de coche ( B) con 1 punto. O máximo por estes conceptos será de 3 puntos.

4. Pola pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada e segundo valoración dos méritos aparecida nas mesmas:

Méritos entre 0 e 5: 1,5 puntos.

Méritos maiores de 5 e ata 15: 2,5 puntos.

Méritos maiores de 15 e ata 30: 4,12 puntos.


FORMACIÓN:


Valoraranse os seguintes cursos de formación:


  • Curso o Cliente e a cadea de valor: 1,10 puntos


  • Curso de Porfolio de produtos: 1,60 puntos 


  • Curso de Paquetería 1,60 puntos 


  • Curso de Excel básico persoal operativo: 1,50 puntos


  • Curso de Dixitalización III 1,10 puntos


  • Curso de SGIE e PDA: 1,10 puntos 


POSTOS DE ATENCIÓN AO CLIENTE


O proceso para estes postos será valorado cun máximo de 51 puntos, dos que 30 serán para a fase de proba ou exame e 21 para a fase de méritos.

A proba consistirá nun cuestionario tipo test, un 90 % relacionadas con preguntas xerais e específicas para estes postos, segundo os 11 temas de exame que conteñen as bases e outro 10 % con preguntas psicotécnicas, As respostas erróneas non puntuarán negativamente e darán 90 minutos para a realización do exercicio. 

Para superar esta fase, o aspirante, deberá obter un mínimo de 15 puntos. A valoración máxima de ambos os cuestionarios non poderá ser superior a 30 puntos.


FASE DE MÉRITOS ATENCIÓN AO CLIENTE


Aos aspirantes que superasen a proba ou exame, teráselles en conta estes méritos e puntuacións, valoradas ao 31 de xullo de 2019.

1. Antigüedad: puntuarase a suma total da antigüidade en calquera posto de traballo en Correos durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo ou o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,04 puntos, cun máximo de2,88.

2. Por desempeñar cada un dos postos da provincia solicitada durante os últimos 7 anos. Por cada mes completo e o seu equivalencia de contratos a tempo parcial: 0,075 puntos, cun máximo de 3. 

3. Por titulación Universitaria oficial (grao, licenciatura ou diplomatura) calquera que sexa a rama do coñecemento ou Formación Profesional de Grao Superior nas familias profesionais de “Administración e Xestión”, “Comercial e Márketing” e “Informática e Comunicacións, 3 puntos. Quen obteña puntuación por este apartado, non se lles computará no seguinte.

4. Pola posesión do Título de Formación Profesional de Grao Medio nas familias profesionais de “Administración e Xestión”, “Comercial e Márketing” e “Informática e Comunicacións, 1,5 puntos.

5. Pola pertenza ás bolsas de emprego do posto e provincia solicitada e segundo valoración dos méritos aparecida nas mesmas:

Méritos entre 0 e 5: 1,5 puntos.

Méritos maiores de 5 e ata 15: 2,5 puntos.

Méritos maiores de 15 e ata 30: 4,12 puntos.


FORMACIÓN:


Valoraranse os seguintes cursos de formación:


Curso de Cliente e a cadea de valor: 1,10 puntos

Curso de Porfolio de produtos: 1,60 puntos 

Curso de Paquetería: 1,60 puntos 

Curso de Excel básico persoal operativo: 1,50 puntos

Curso de Dixitalización III: 1,10 puntos

Curso de Técnicas de Venda I: 1,10 puntos


Quedan pendentes para o Segundo Desenvolvemento a apertura do prazo de admisión de solicitudes, a oferta das prazas por provincias e a data de exame.

Unha vez máis se penalizou aos traballadores das bolsas ao non contarlle toda a antigüidade na empresa tal e como se fai no resto da administración.


WEB CORREOS PRIMER DESARROLLO


PARA + INFO POÑÉDEVOS EN CONTACTO CAS DELEGADAS E DELEGADOS DA CIG CORREOS NA VOSA COMARCA.