22 de mar. de 2019

Alegacións da CIG Correos á proposta de Correos para a “campaña” de eleccións xerais do 28 de abril do 2019


A CIG ALEGA:

1 A gratificación individual pola distribución dos envíos de propaganda electoral e tarxetas do INE, non se percibirá só, si se garante a distribución da totalidade do resto dos envíos non electorais.

Proposta: A retribución por estes conceptos, percibirase en función dos envíos repartidos.

2 GRATIFICACIÓN POLO PROCESO ELECTORAL

2.1 Persoal das USEs

A Cig propon a eliminación de este punto, a gratificación debe de ser percibidas en tódas as unidades que traballen a documentación electoral, dando por feito que todas sufrirán un incremento importante na súa carga de traballo.

UNIDADES DE DISTRIBUCIÓN E PERSOAL RURAL

A CIG propón que as gratificacións recollidas no punto anterior para as USES, se fagan extensivas a todas as unidades de distribución e persoal rural, que realice a distribución da documentación electoral (voto por correo).

2.2 e 2.3  Persoal de loxística – Outro persoal afectado.

A falta do establecemento de criterios obxectivos para o reparto de esta gratificación, a CIG propón que a gratificación a perciban todas as unidades que traballen a propaganda electoral  sin máis requisitos.

2.4 Persoal de oficinas.-

A CIG propón a eliminación de este punto na súa totalidade, a gratificación debe de ser igual para todo o persoal de oficinas. Creemos evidente o incremento do volume de  traballo en campaña electoral en todas as oficinas.

2.5 Sistemas de descontos.-

A CIG propón que se incorporen como causas xustificadas as situacións de

-Intervención quirurxica.

-Hospitalización.

-Incapacidades Temporais derivadas da xestación.

-Tratamento de quimioterapia e radioterapia.

3º ACTUACIÓNS EXCEPCIONAIS NO PROCESO ELECTORAL

A CIG propón engadir a este punto que todas as actuacións excepcionais no proceso electoral deberán de ser previamente consensuadas cas organización sindicais  con representación na provincia

4º SERVIZOS A PRESTAR O 18 DE ABRIL DE 2019

As prestacións de servizos o día 18 (xoves santo) deberán ser retribuídas en consonancia ó seu orixe, en concepto de HORAS EXTRAORDINARIAS + HORAS FESTIVAS (19€ h. +/-) nunca negociadas n un módulo preacordado que abarate o dereito ás retribucións por horas extra e festivas.

Tamén deberá de terse en conta que en Galicia son datas festivas, polo que deberán de atenderse as petición de permisos que para as traballadoras con actividades programadas.

5º ENTREGA NAS MESAS ELECTORAIS E RECOLLIDA DO TERCEIRO SOBRE

Igual que no punto anterior, en Galicia a prestación dos servizos do 28 de abril (domingo) deben de ser retribuídos  como HORAS EXTRAORDINARIAS E FESTIVAS (19€ h. +/-).

PERSOAL RURAL, A CIG propón:

O persoal rural que participe na entrega nas mesas electorais e e recollida do terceiro sobre deberá percibir a totalidade da aportación por vehículo, ca amortización do vehículo e non  só ca de combustible.