Poderán participar os/as funcionarios/as pertencentes aos subgrupos de
titulación A2, C1, C2 e E (Agrupacións Profesionais) e os laborais fixos
clasificados nos grupos profesionais II, III e IV (Persoal Titulado Medio
Cadros, Xefaturas Intermedias e Operativos) excepto os suspensos en firme ou
suspendidos de emprego e soldo salvo que finalizasen os seus períodos de
suspensión.
Os/as candidatos/as poderán inscribirse nesta convocatoria exclusivamente a
través de Conecta e a Web de Correos, www.correos.com
O período de inscrición irá dende o
26 de febreiro ata o 5 de marzo, ambos inclusive. Cada aspirante poderá solicitar ata cinco de entre todos
os postos ofertados nunha mesma provincia e ámbito funcional, independentemente
de que o destino definitivo do solicitante atópese nesa ou outra provincia (Oficinas,
Distribución e Loxística).
Os requisitos e méritos serán os referidos ata o 31 de marzo, excepto os
relativos aos cursos de formación, cuxa data de valoración será ata o 12 de
abril de 2019.
O procedemento de selección constará de dúas fases:
PRIMEIRA FASE: CARREIRA PROFESIONAL,
POSTOS DESEMPEÑADOS e FORMACIÓN puntuación
mínima 8 puntos, máxima 35.
1.
Valoraranse
os servizos prestados e o desempeño en cada ámbito funcional.
- Por cada ano completo de servizos prestados: 0.20 por cada mes traballado
ata un máximo de 5 puntos.
- Polo desempeño de postos de
traballo: 0.30 por cada mes traballado ata un máximo de 6 puntos.
- Polo desempeño actual do posto na
mesma localidade e banda de complemento de ocupación que se solicita conforme á
oferta que se publica: 6 puntos. Ademais 0.50 por cada mes cun máximo de 12
puntos, por este apartado.
- Polo desempeño de postos de
Xefatura de equipo no mesmo ámbito do posto solicitado: 0.10 por cada mes
traballado ata un máximo de 4 puntos.
- Polo desempeño de postos de
xefatura noutras áreas funcionais: 0.10 por cada mes traballado ata un máximo
de 3 puntos.
2. Formación: A formación
valorada na convocatoria será a prevista a continuación:
a) Formación académica: Pola
posesión de Titulación Universitaria Media ou Superior: 2.00 puntos.
b) Igualmente valoraranse os cursos de formación realizados e superados do
Plan de Formación de Correos, impartidos pola empresa, relacionados cos postos
de traballo ofertados en cada un dos ámbitos de Oficinas, Distribución e
Loxística coa seguinte valoración por ámbito de actividade:
Ámbito actividade Formación valorable
OFICINAS -IRIS V6 Administrador (1.50 puntos) -Innovación,
diversificación e transformación en Correos (1.50 puntos)
DISTRIBUCIÓN - SGIE distribución. Administrador (1.50 puntos) -
Paquetería (1.50 puntos)
LOXÍSTICA -Innovación, diversificación e transformación en Correos
(1.50 puntos) - Paquetería (1.50 puntos)
A puntuación máxima polo concepto de Formación será de 5 puntos.
SEGUNDA FASE: VALORACIÓN DE
COÑECEMENTOS E COMPETENCIAS puntuación
mínima 10 puntos, máxima 25.
A proba global comprenderá os coñecementos, aptitudes e competencias de
acordo co perfil de cada posto e ámbito e probas de carácter práctico
relacionadas co desempeño dos postos.