BASES XERAIS DA CONVOCATORIA CONXUNTA DE INGRESO DE 4.055 POSTOS DE TRABALLO DE PERSOAL LABORAL FIXO (CONTRATO INDEFINIDO) NA SOCIEDADE ANÓNIMA ESTATAL CORREOS E TELÉGRAFOS, S.A.;S.M.E., PERTENCENTES AO GRUPO PROFESIONAL IV (PERSOAL OPERATIVO).
Con data de 28 de decembro de 2017 facíanse públicas as bases xerais para a contratación indefinida de 1.869 postos de traballo, correspondentes á taxa de reposición de 2017, conforme á previsións da Disposición adicional décimo quinta da Lei 3/2017, do 27 de xuño, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 (BOE do 28 de xuño de 2017).
Así mesmo a Disposición adicional vixésima novena da Lei 6/2018, do 3 de xullo, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2018 (BOE do 4 de xullo de 2018) (en diante LPGE 2018), habilita a contratación indefinida vinculada á taxa de reposición de 2018, autorizándose para Correos a contratación de 1.612 postos de traballo.
Por outra banda, a xa mencionada Disposición adicional vixésima novena da LPGE 2018, habilita igualmente procesos de estabilización de emprego nas sociedades mercantís públicas. O Acordo entre Correos e as organizacións sindicais de data 19 de decembro de 2018, contempla a estabilización de 4.574 postos de traballo adicionais para o período 2018-2020, dos cales, por razóns de necesidade van incluír na presente convocatoria 574 postos de traballo.
Por razóns de eficiencia, de interese xeral para Correos e de racionalidade de procesos, a Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A.; S. M.E., en uso das facultades que ten atribuídas polo artigo 58 da lei 14/2000, do 29 de decembro de 2000, previo informe favorable da Dirección Xeral de Custos de Persoal e Pensións Públicas e da Dirección Xeral da Función Pública, e respecto a contratación nas sociedades mercantís públicas que corresponden aos exercicios 2017-2018 e aos procesos de estabilización adicionais, fai públicas as bases xerais conxuntas que van rexer este proceso de contratación indefinida para a cobertura de 4.055 postos pertencentes ao Grupo Profesional IV, Persoal Operativo.
As presentes bases xerais serán desenvoltas posteriormente, tendo en conta o principio de igualdade de trato a mulleres e homes, polo que se refire ao acceso ao emprego, de acordo á normativa vixente.
1. Número e grupo profesional dos postos de traballo
Convócase a cobertura de 4.055 postos de traballo, como persoal laboral fixo, pertencentes ao Grupo profesional IV, Persoal Operativo. A concreción da oferta dos postos de traballo no ámbito provincial, que poderá incluír postos a tempo completo ou parcial, realizarase por Correos atendendo ás necesidades de emprego existentes e ao desenvolvemento dos sistemas de provisión internos de postos de traballo.
Así mesmo, dentro desta oferta de postos, Correos contratará persoas con discapacidade, mediante o procedemento específico previsto convencionalmente, a fin de contribuír á súa integración no emprego.
2. Sistema de selección e oferta de postos de traballo
As bases xerais deste proceso de ingreso para a convocatoria provincializada, desenvolveranse de maneira sucesiva en dúas fases:
Nunha primeira, publicaranse os requisitos dos participantes, o sistema de selección, (fases, probas e valoración), o programa que ha de rexer para a confección das probas, a composición do órgano de selección, o recoñecemento médico e os aspectos referidos á formalización dos contratos.
E nunha segunda fase, publicaranse as bases relativas á distribución provincial da oferta de postos de traballo e as súas características, o prazo e a forma de presentación previstos no proceso.
En ningún caso o número de contratos que se formalicen poderá exceder do número de postos de traballo convocados unha vez finalizado o proceso selectivo.
3. Publicación
Estas bases xerais, xunto coas que se desenvolverán para a presente convocatoria, serán expostas na Web de Correos, www.correos.es, nos taboleiros de anuncios das sedes das Direccións de Zona e do Centro Directivo, e naqueles ámbitos previstos atendendo á natureza de convocatoria.
Madrid, 26 de decembro de 2018. A Directora de Recursos Humanos e Relacións Laborais. María Teresa Díez García.