Publicadas as bases xerais para a convocatoria de 4.055 prazas
de persoal laboral fixo do Grupo Profesional de Operativos na Web
www.correos.es, nos taboleiros de anuncios das sedes das Direccións de Zona e
do Centro Directivo.
Posteriormente, publicaranse os requisitos dos aspirantes,
o sistema de selección, o programa do que versarán as probas, así como a
distribución provincial da oferta de postos de traballo. O proceso selectivo se
desenvolverá no ano 2019.
PRAZAS CONVOCADAS:
Taxa de reposición ano 2017: 1.869 postos de traballo
Taxa de reposición ano 2018: 1.612 postos de traballo
Proceso
estabilización Acordo Bianual: 574 postos de traballo
TOTAL: 4.055 postos de traballo As prazas convocaranse a
nivel provincial, e poderán incluír postos a tempo completo ou parcial.
Correos contratará persoas con discapacidade mediante o
procedemento específico previsto convencionalmente para contribuír á súa
integración no emprego. As bases desenvolveranse en dúas fases:
Primeira Fase: Publicaranse os requisitos dos
participantes, o sistema de selección, (fases, probas e valoración), o programa
que ha de rexer para a confección das probas, a composición do órgano de
selección, o recoñecemento médico e os aspectos referidos á formalización dos
contratos.
Segunda Fase: Publicaranse as bases relativas
á distribución provincial da oferta de postos de traballo e as súas
características, o prazo e a forma de presentación previstos no proceso.
Isto era o que
tanto desexaban os sindicatos asinantes do Acordo para encher as súas Academias
e facer negocio cos Cursos.
A CIG non está en
contra que entre novo persoal, estamos en contra que se asinen Consolidacións
de emprego a cambio de vender os dereitos dos traballadores nas Mesas de
Negociación.
ESTES
SINDICATOS NON TE DEFENDEN – VIVEN DE TI