26 de dec. de 2018

Este Acordo é unha traizón ao persoal funcionario


Coa sinatura deste Acordo na Mesa Sectorial o Persoal funcionario de Correos queda sen Negociación durante os dous vindeiros anos. A CIG con representación na Mesa Sectorial  non asinou este Acordo porque NON HABÍA VONTADE NEGOCIADORA NIN POR PARTE DA EMPRESA NIN POLOS SINDICATOS QUE ASINARON CCOO, UGT, CSIF e SL. Que só estaban interesados nas convocatorias de Consolidación de Emprego para encher as Academias e lucrarse cos Cursos de Formación. A tan cacarexada suba salarial que nos queren vender como un gran logro non é máis que a suba que asinaron CCOO, UGT e CSIF co PP en marzo de 2018, un 6% e o resto ate chegar ao 8.65% está vinculado ao crecemento do PIB. É dicir un carteiro verá unha suba na súa nómina de uns 65€ aproximadamente en 3 anos. Por tanto NADA CONSEGUIDO. Na MESA SECTORIAL do persoal funcionario a CIG reivindicou en solitario a devolución do 5% do soldo que nos arrebatou o goberno do PSOE, a suba de niveis, incremento de todos os Pluses incluido o plus de amortización de vehículo, unha suba salarial real para recuperar o poder adquisitivo.

 Puntos presentados pola CIG na Mesa Sectorial  do 17/12/2019:

1.- Promoción interna 500 prazas para grupo C1, 50 prazas para grupo A2, 50 prazas para grupo A1. 

2.- Subida a nivel 14 dos funcionario de Correos para o grupo C2 e nivel 16 para o grupo C1. 

3.-Devolución do 5%.

4.- Subida salarial de 300 euros.

5.- Aplicación do EBEP en toda o seu extensión, así como de calquera norma que afecte ao persoal funcionario da administración xeral do estado. exemplo R.D.do 28 de decembro de 2012 en materia de xornadas e horarios do persoal da administración xeral do estado.

6.-Convocatoria de excedencias incentivadas a partir dos 56 anos para todos os postos.

7.- Supresión da quenda de sábados a partir do 1 de xaneiro de 2019. 

8.- Subida dos pluses de indemnización de vehículo e por local. 

9.-Concurso de Traslados con oferta do total de prazas vacantes. 

10.- Reserva de prazas de postos de Atención ao Cliente para persoal do grupo C1 Executivo no Concurso de Traslados.

11.- Convocatoria de todas as prazas ocupadas en comisión de servizos eternizadas no tempo. 

12.- Creación dunha caixa de quebranto de moeda para o persoal de Atención ao Público e Carteiros. 

13.- Derrogación do R.D. 370/2004 e confección dun novo estatuto de persoal funcionario. 

14.- Garantir a carreira profesional horizontal e vertical do persoal funcionario.

15.-Negociar un plan especifico de concurso de traslados interministerial para o persoal funcionario de Correos. 

16.-Incremento plus nocturnidade, sábados e festivos. 

17.- Xornada laboral de 35 horas. 

Estes foron os 17 puntos que levou a CIG para negociar na MESA SECTORIAL. Mentres a autodenominada maioría sindical só defendía un único punto “Consolidación de Emprego” que non pertence á Mesa Sectorial que é só de funcionarios.      

A única realidade é que estes sindicatos coa súa firma nos deixaron sen unha negociación real durante os vindeiros 2 anos.

ESTES SINDICATOS 

NON TE DEFENDEN 

VIVEN DE TI