O pasado 30 de xullo publicouse no BOE o
Acordo adoptado pola Mesa Xeral de Negociacións da Administración Xeral do
Estado, aprobando para todo o persoal funcionario, estatutario ou laboral, ao
servizo da Administración Xeral do Estado, do seus Organismos ou da súas
Entidades públicas dependentes un complemento
retributivo dende o primeiro día en situación de Incapacidade temporal ou
licenza por enfermidade ate alcanzar o cen por cen das retribucións básicas e
complementarias, correspondentes a súas retribucións ordinarias do mes de
inicio da incapacidade temporal.
Data
de entrada en Vigor desta normativa. O Real Decreto
956/2018, do 27 de xullo, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE) de 30 de
xullo de 2018 entrou en vigor ao día seguinte da súa publicación é dicir o 31
de xullo de 2018.
Sen embargo en Correos NON se esta aplicar esta
normativa. Por que???
Como de costume os empregados de Correos
somos os primeiros aos que se lles aplica os descontos ou calquera medida
restritiva de dereitos, sen embargo cando hai unha medida beneficiosa nunca se
nos aplica directamente.
Os sindicatos asinantes do Convenio e
Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) non esixen nas Mesas de Negociación que
se apliquen as melloras salariais e laborais, mentres que noutros ámbitos da
Administración xa se están a aplicar estes beneficios.
A
CIG ESIXE que de xeito inmediato se reúna a Mesa Sectorial (persoal
funcionario) e a Mesa de Emprego (persoal Laboral) para tratar os seguintes temas:
·
Aplicación do RD 956/2018 e se abone o
complemento retributivo dende o primeiro día en situación de Incapacidade
temporal ou licenza por enfermidade ate alcanzar o cen por cen das retribucións
básicas e complementarias. (Aplicación para o persoal funcionario e para o
persoal laboral.)
·
A devolución do 5% do salario recortado polo
goberno de Zapatero no 2010 ao persoal funcionario, o que permitiría cobrar de
novo as pagas extras de maneira integra.
·
Que, se abone na nómina do mes de agosto a suba
salarial do 1.75% aprobada polo goberno cos atrasos correspondentes dende o 1
xaneiro de 2018.
·
Conciliación: Que, os empregados e empregadas
de Correos desfruten de permisos de paternidade e maternidade de 20 semanas ao
igual que os empregados públicos de Andalucía.