A CIG Solicitou por escrito ao Presidente de Correos que
se aplique en Correos a Resolución do 20 de febreiro de 2018 da Secretaria de
Estado das Administracións Públicas e se lle conceda a todo o persoal de
Correos un día máis de permiso adicional neste ano 2018.
O resto da Administración Xeral xa o ten concedido ao
considerarse o día 8 de decembro día festivo de ámbito nacional de carácter
retribuído, non recuperable e non substituíble polas Comunidades Autónomas
coincidente en sábado.
A Administración habilita a todos os seus organismos
públicos e entidades públicas a incorporar aos seus calendarios laborais, cada
ano natural, como máximo un día de permiso cando algunha ou algunhas
festividades laborais de ámbito nacional de carácter retribuído, non
recuperables e non substituíbles polas Comunidades Autónomas coincidan en
sábado durante o ano.
Sen embargo Correos non quere que se estenda este dereito
aos seus traballadores/as, e ademais síntese respaldado polos seus fieis
sindicatos que son máis defensores dos dereitos da empresa, que dos
traballadores.
Agora estamos á espera da resposta oficial de Correos no
caso de ser negativa a CIG iniciará todas as xestións e tomará as medidas que
sexan necesarias para defender os dereitos dos traballadores de Correos
funcionarios e laborais.
Dende a CIG non imos consentir estas diferenzas de trato
que xa pasan a ser de maltrato aos traballadores/as acrecentando as diferenzas
co resto de empregados públicos.
Os traballadores de Correos somos servidores públicos a
pesares da empresa e dos sindicatos CCOOmplices temos uns dereitos e témolos
que defender non podemos consentir que se nos trate como empregados de
segunda.
DENDE CIG SEGUIMOS DEFENDENDO OS DEREITOS LABORAIS DOS
TRABALLADORES/AS
MENTRES AS
CUATRILLIZAS (CCOO,UGT,CSIF E SL) MIRAN PARA OUTRO LADO
Para
calquera dúbida ponte en contacto coa xente da CIG.