12 de abr. de 2018

Xuntanza da Comisión de Emprego (3º Borrador das Bases de Consolidación de Emprego)

Hoxe 12 de abril tivo lugar a  Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal. Na reunión Correos fixo entrega dun novo borrador de Bases, informando de que este é case o definitivo. As novidades que introduce respecto do borrador anterior son as seguintes:

Ø Introducen un novo concepto para desfacer os casos de empate de puntuación, valorando para iso a pertenza ás Bolsas de Emprego.

Ø Na proba de test a parte de coñecementos supoñerá un 90% e o psicotécnico o 10% restante.

Ø Os méritos de antigüidade en Correos e no posto serán valorados polos últimos 6 anos

Ø A puntuación por pertencer ás novas Bolsas modificouse igualando a súa escala, sendo agora:

ü  0 ate 5 puntos: 1,50 puntos.
ü  6 ate 15 puntos: 2 puntos.
ü  16 ate 30 puntos: 3,25 puntos.

Ø A posesión do permiso de conducir moto (A1) son 3 puntos. A posesión de coche ( B) son 1,5 puntos.
Ø Incorpóranse novos Cursos para os candidatos de Reparto e Axente/Clasificación:

ü  Curso Iris V.6 Usuario Atención ao Cliente: 1,75 puntos.
ü  Curso Paquetería (novo): 3 puntos

Ø Incorpóranse novos Cursos para os candidatos ao posto de Atención ao Cliente:

ü  Curso Iris V.6 Usuario Atención ao Cliente: 1,75 puntos.
ü  Curso de Técnicas de Vendas (novo): 3 puntos.

Ø Eliminan a segunda proba de coñecementos de Office 2013 en Atención ao Cliente.

Ø Existirá un exame tipo test diferente para os postos de Reparto e Axente/Clasificación e para os postos de ATC.

Ø Sobre o temario, elimínanse os temas 15 e 16 do segundo borrador.

Dende a CIG insistimos en que se valore, tanto na antigüidade como no desempeño TODO O TEMPO TRABALLADO EN CORREOS.

Continuamos sen estar de acordo con que se realicen dous procesos diferenciados, un para Reparto e Axente Clasificación e outro para Atención ao Cliente.

Seguimos reivindicando que:

  • Os postos de Atención ao Cliente deben ser cubertos a través da promoción interna e do Concurso Permanente de Traslados.
  •  Non se debe puntuar negativamente as respostas erróneas.
  • Se estableza unha cota de reserva para discapacitados.