5 de abr. de 2018

Xuntanza da Comisión de Emprego 2º borrador bases consolidación 2016

Hoxe 05 de abril tivo lugar a  Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal. Poucos avances con respecto ao primeiro borrador, as novidades son as seguintes:

Ø  Incorpórase o Anexo III onde se recolle o programa de probas.

Ø  Proba: o 80% das preguntas versarán sobre o temario que figura en Anexo III e un 20% sobre preguntas psicotécnicas (anteriormente era un 30%).

Ø  Méritos por antigüidade: amplíase dos últimos 4 anos a valorar a os 5  últimos anos, tanto na antigüidade en Correos como no posto solicitado, cunha puntuación máxima de 2,5 puntos no primeiro caso e de 2,25 no segundo.

Ø  Méritos de formación:

  • Curso Dixitalización I: 1 punto.
  • Curso Dixitalización II: 1 punto.
  • Curso de Excel Básico: 1,5 puntos.
  • Curso Correos ao servizo do cliente: 1 punto.
  • Curso con materia común, a determinar: 2,5 puntos.
  • Curso con materia específica, a determinar: 3 puntos.

Ø  Méritos de Bolsa: vai valorar a pertenza ás novas Bolsas de Emprego, seguindo os seguintes tramos segundo as puntuación dos méritos do candidato:

  • De 0 ata 14 puntos: 0,25 puntos.
  • Máis de 14 ata 25 puntos: 1 punto.
  • Máis de 25 ata 30 puntos: 3,25 puntos.
Dende a CIG seguiremos esixindo que se valore, tanto na antigüidade como no desempeño TODO O TEMPO TRABALLADO EN CORREOS. Se non que clase de Consolidación é esta onde uns cursos puntúan máis que a experiencia laboral.

Non estamos de acordo con que se realicen dous procesos diferenciados, un para Repartición e Axente Clasificación e outro para Atención ao Cliente.

Insistimos en que:

  • Os postos de Atención ao Cliente deben ser cubertos a través da promoción interna e do Concurso Permanente de Traslados.
  •  Non se debe puntuar negativamente as respostas erróneas.
  • Se estableza unha cota de reserva para discapacitados.
  • As porcentaxes da proba de coñecementos e psicotécnico deben ser 90% e 10% respectivamente como na última Consolidación.