Na Xuntanza da Comisión de Emprego Central celebrada onte día 1 de
marzo, a empresa non fixo entrega de ningún tipo de documentación, tan só se limitou a facilitar información dos diferentes proceso que están en marcha.
BASES CONSOLIDACIÓN DE
EMPREGO:
Será un proceso similar ao da última
Consolidación, Concurso-Oposición onde se valorará, como na anterior
consolidación:
Coñecementos: Realizarase
mediante unha proba ou exame. O temario será similar ao de 2015 pero cos
axustes necesarios para actualizalo.
Méritos: Valorarase,
como en convocatorias pasadas, a antigüidade na empresa, a antigüidade no
posto, por estar en Bolsa, carné de moto e coche, titulacións académicas,
cursos de formación, etc. A valoración dos méritos unicamente farase despois de
ter a listaxe de candidatos que pasasen o “corte” do exame ou proba.
Postos
a ofertar: 2.345 postos a cubrir no proceso. Teranse en conta as
persoas con discapacidade segundo indica o artigo 41 do Convenio Colectivo.
Espérase que as Bases Específicas da
Consolidación estean feitas antes de Semana Santa, segundo manifesta a empresa.
Así mesmo a empresa informou que terán
que facilitar que poidan optar persoas que nunca traballaron en Correos por
cuestións legais.
BOLSAS
DE EMPREGO:
Nos próximos días publicásense os
méritos provisionais dos/ as candidatos/ as ás bolsas.
Estímase que participaron preto de medio millón de aspirantes. Esperan que estean operativas para o verán.
DESPROVISIONALIZACIÓN
DE POSTOS DE XEFES DE EQUIPO:
Data de exame 11 de Marzo. Pretenden que o proceso estea rematado a
finais do mes de abril.
Non terán que realizar exame as persoas
que cumpran as seguintes condicións:
- Que teñan praza definitiva de Xefe de Equipo.
- Que solicite o mesmo ámbito ao que
pertence. Exemplo: Xefe de Equipo de Oficina que aspira a Xefe de Equipo de
Oficina doutra unidade, etc. Na plataforma de Correos xa indica a cada
aspirante se debe ou non examinarse.
CONCURSO PERMANENTE DE
TRASLADOS:
Están a traballar para publicar os méritos provisionais dos novos peticionarios. Estiman que a 7ª adxudicación será no mes de maio.