A CIG no seu día denunciou que a Reforma Laboral aplaudida e avalada pola Patronal e os sindicatos CCOO e UGT traerían unha redución no emprego, pagar menos polos despedimentos, abrir as portas a axustes de xornadas e outras condicións laborais etc. E agora o estamos a ver en Correos. Agora estes dous sindicatos NON poden enganar a ninguén porque o estamos a ver tod@s: A Contratación Despois da aplicación da Reforma Laboral en Correos é practicamente inexistente.
Bolsas
de Emprego Novo sistema a Partir do 15 de Xullo:
Só haberán 2 vías de contratación:
1.
Contratos
de Substitución para postos de traballo estruturais
(interinidade por vacante)
Duración: Contrato aberto até que se cubra a praza por Concurso, Reaxuste ou Consolidación de Emprego.
Chamamento: Se ofertarán
aos primeiros das bolsas empezando polo primeiro e non se terán en conta as
rotacións.
Correos informa que esta contratación se realizará de xeito manual para evitar erros.
2. Contratos por circunstancias da produción(vacacións, asuntos propios, licenzas etc) e contratos por substitucións de persoas con dereito a reserva do posto de traballo (comisiones de servizo, enfermidades etc.)
Duración: Este tipo de
contrato NON poderá ser
superior a 6 meses (excepto por substitución de persoa con reserva de posto)
Unha vez sumados
os 6 meses de traballo, terás un período de NON dispoñibilidade de 4 meses.
Tempo máximo de
contratación que poden realizar a un traballador por esta vía, é de 18 meses
nun período de 24 meses.
Chamamento: Tendo en conta
o criterio xa establecido de prelación nas bolsas, é dicir por rotacións.