Grazas aos
sindicatos asinantes do Convenio e Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF e S.L.)
Correos fai o que lle dá a gana, agora convocan unha ampliación do prazo de
solicitudes para participar nas asignacións (7ª, 8ª e 9ª) do Concurso de
Traslados para empregados/as, funcionarios/as, laborais fixos e
fixos-descontinuos relativo á convocatoria do 25 de novembro de 2015. Non era máis fácil rematar o que está e convocar un novo.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS:
DENDE O DÍA 6 DE
FEBREIRO ATA O 13 DE FEBREIRO, AMBOS INCLUSIVE.
AMBITO DE
PARTICIPACIÓN:
-Os
peticionarios que presentaron solicitude en novembro 2015 e que obtiveron
destino nalgunha das 6 adxudicacións realizadas.
-Os
peticionarios que presentaron solicitude en novembro 2015 e que aínda non
obtiveron destino. Estes peticionarios, se fan nova solicitude, supoñerá a
anulación da petición existente, pasando a formar parte da nova listaxe de
ordenación de candidatos.
-Os 1.606
Laborais Fixos/as que tomaron posesión en xuño de 2017.
-Resto de
empregados/as funcionarios/as e persoal laboral fixo incluído o fixo-
descontinuo que non participaron no proceso de novembro 2015.
MERITOS VALORABLES:
Os méritos
valoraranse ata o 31 de xaneiro de 2018. Os cursos de formación que puntúan serán
os realizados dende o 1 de xaneiro de 2005.
PRESENTACIÓN DE
SOLICITUDES:
Unicamente
se poderá presentar en soporte informático mediante FORMULARIO ao que se accederá a través da INTRANET de
Correos ou da páxina web de Correos:
·
Intranet htpps://conecta.correos.es entrando en Concurso de Traslados.
·
Web www.correos.es
entrando en información corporativa/recursos humanos/Concurso de
Traslados. INSCRICIÓN CONCURSO
ADXUDICACIÓN DE
VACANTES:
En cada unha
das tres adxudicacións que faltan, primeiro asignarán aos candidatos integrados
na lista da convocatoria de novembro 2015 e posteriormente aos integrados na
nova lista de ordenación.