Días atrás
apareceron na prensa informacións da suposta compra de UNIPOST S.A. por
parte de Correos.
Ante este noticia faltoulles tempo
aos sindicatos do coro para apostar a favor desta "magnifica" compra,
de seguro que pretendían sacar tallada desta operación; porque doutro xeito non
se podería entender a súa postura.
Parece
evidente que mercar unha empresa en quebra, cunha grande débeda de case 50 millóns
de €, 4.200 traballadores entre directos e indirectos con nóminas pendentes de
cobro, sen carga de traballo e practicamente desaparecida sería un negocio
ruinoso, salvo que concorran escuros intereses.
Por iso a postura da CIG sempre foi contraria a esta compra, coidamos que Correos
ten a suficiente estrutura e
profesionais sen que necesite facerse cargo dunha empresa deste tipo, pero
ademais a compra suporía por en perigo a
futura consolidación de emprego; porque absorberíase o cadro de persoal de
UNIPOST actualmente cifrado nuns 4.200 traballadores, así que botade contas!!!!.
Pero o que é aínda sería mais grave, é que se
poría en perigo a propia viabilidade de Correos, xa que por riba da difícil
situación actual teríase que facer cargo do montante da compra así como asumir
a débeda desta empresa.
Ante esta situación
CIG-Correos dirixiuse por escrito ao
Presidente de Correos demandando unha aclaración sobre esta suposta compra.
Recibindo
contestación datada a 14 de decembro de 2017 no que se nos di:
"...é o noso interese desmentir calquera tipo de rumor que poida existir
acerca da compra de UNIPOST S.A....".
Esperemos que non
nos estean enganando, porque o peor non sería enganar a este Sindicato senón os
efectos negativos para tódolos traballadores e traballadoras de Correos, polo
que estaremos vixiantes e vos teremos informados sobre todo o que vaia acontecendo sobre este tema.