7 de mar. de 2016

#CIGcorreos: Dia 8 de Marzo (DIA DA MULLER TRABALLADORA)

A pobreza en Galiza ten, máis que nunca, 

faciana de muller


A CIG conmemora o 8 de Marzo co lema 'Precarias' para denunciar as condicións laborais, salariais e de vida que padecen as traballadoras galegas

“Inactividade, desemprego, eventualidade, empregos a tempo parcial, fenda salarial, economía somerxida e infrasalarios”. Así resumiu Margarida Corral, Secretaria das Mulleres da CIG, a situación laboral que padecen a maioría das traballadoras galegas, na rolda de prensa de presentación do Informe sobre a “Situación Laboral das Mulleres en Galiza” en 2015 e da campaña arredor da que a CIG conmemorará este 8 de marzo, que se desenvolverá baixo o lema que “Precarias”.

E é que a crise non fixo máis que agravar a xa precaria situación laboral á que están sometidas, nunha porcentaxe moi elevada, as mulleres traballadoras en Galiza. Segundo explicou a responsábel do Gabinete de Economía da CIG, Natividade López, que compareceu xunto a Corral na rolda de prensa, desde o ano 2009, non só descendeu o número de mulleres polas que se declararon ingresos á Axencia Tributaria (-28.974), senón que tamén descenderon os ingresos das que os perciben.

Para ampliar a información
Para ollar os lugares e horas das concentracións
Para ver o Informe da CIG sobre a Situación Laboral das Mulleres en Galiza (Ano 2015)
Preme AQUÍ e AQUI 2