Novas oficinas/tenda "Tu Correos" (O "chino" da SEPI)
Ademáis dos servicios postais tradicionais, estas oficinas contan cunha zona de apartados aberta todo o día, cun servizo de recollida de paquetería 24 horas (City Paq) e cunha tenda con productos de viaxe, libros, informatica, infantís...(productos que variarán en función das zonas e da demanda) Incluso de cara ó futuro xa venderon unhas máquinas "dropbox" para admisión e envio automatizado de paquetería.
Parece que nestas oficinas vai haber un novo posto informativo ocupado por "un embajador" traballador de Correos que resolverá as dúbidas e necesidades dos usuarios. A quen lle tocará ese posto?
Nesta inauguración en Malaga o presidente tamén aproveitou para recordar o servizo (Home Paq) que xa se instalou en algunha comunidade para admitir e recoller paquetes sen saír do edificio.
Estamos realmente preparados para isto?
Nos dende as oficinas estamos recibindo queixas, que xa trasladamos a Rede, onde se constata que non hai material básico, faltan ata sobres e embalaxes para paquetes, estanse utilizando caixas de paquetes de folios para darlle ós usuarios e pretenden meternos noutra dimensión cando son incapaces de xestionar algo tan básico e simple como o que agora temos?
Defende o teu dereito á saúde
Cansados de tragar po, os empregados de Atención ao Público de Santander prantáronse e saíron á rúa mentras non se restablezan unhas condicións saudables na zona onde están os seus postos de traballo, logo de ter que estar neses postos mentres que se realizaban obras no seu entorno.
Olla esta nova na prensa: eldiariomontañes
Reparto de paquetería polas tardes nas oficinas técnicas.
Xa empezaron a repartir polas tardes paquetería en tres oficinas de Cantabria: Torrelavega, Maliaño e Astillero.
Parece que este servizo van tratar de implantalo noutras oficinas. De momento non temos información de como se esta levando a cabo, nin que persoal o fai, horario... En canto teñamos algun tipo de novidade xa vo-la facemos chegar.
Olla esta nova na prensa: eldiario