27 de xuño de 2013

Promoción Interna Subgrupos A-1 e A-2

Publicadas no BOE do 27 de xuño de 2013 as resolucións cos nomeamentos dos funcionarios/as logo de rematar os procesos de promoción interna destes subgrupos do Corpo Superior Postal e de Telecomunicación.


  • Logo de que se publicaran as Bases en Novembro de 2011 e a Convocatoria Específica en Abril de 2012, non é sen tempo que saian no BOE os nomeamentos definitivos cos postos adxudicados.
  • Todos temos en mente postos vacantes ocupados de forma provisional, por "AMIGUETES"  na maioría dos casos, que non lles foron ofertados ós aprobados tendo que aceptar postos incluso fora de Galiza porque ninguén se atreveu a cesar os enchufados de turno.

¿ CHEGAREMOS A VER ALGUN PROCESO TOTALMENTE LIMPO E TRANSPARENTE ?


Enlaces co BOE:  SUBGRUPO A-1          SUBGRUPO A-2



Curso de Seguridade da Información


25 de xuño de 2013

Concurso Permanente de Traslados 8ª Resolución Xuño

6  prazas adxudicadas en Galiza:  A Coruña  1,   Lugo 1, Pontevedra 3 e Ourense 1.
Total Prazas Adxudicadas no Concurso 99 prazas :  17 reparto a pé, 37 reparto moto, 38 atención ao cliente e 7  axente clasificación.

Os listados completos da  8ª  adxudicación dispoñibles nas sección sindicais da C.I.G.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 30 DE XUÑO 2013.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE XULLO DE 2013.
- O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
- 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
- 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
- 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 28 DE XUÑO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de  posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/07/2013)


Retraso de correo en Salceda por non cubrir as baixas de dous carteiros


Correos non cubriu as baixas programadas de dúas dos carteiros que traballan en Salceda, polo que se acumula correo sen distribuír. Antonio García Branco, xefe comarcal de CIG Correos, informa que as baixas producíronse o pasado luns e ata o martes día 25 non se incorpora un dos traballadores. Atribúe ao "aforro" que aplica a xefatura de Distribución a decisión de non cubrir o servizo con sustitutos. As zonas afectadas son Santa María, Picoña, San Xurxo, Entenza, Soutelo, Parderrubias e Budiño. En Fonte da Pedra e Barral hai cartas por repartir dende o día 12.

Fonte: Faro de Vigo

11 de xuño de 2013

A CIG Correos Gaña os Dereitos Dos Traballadores Nos Tribunais de Xustiza

Sentenza dereito a vacacións en situación de I.T.

Os nosos servizos Xurídicos da CIG - Lugo, gañaron  unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de A Coruña  sobre o dereito para o desfrute das vacacións cando estas coincidan cunha situación de Incapacidade Temporal.
Este compañeiro afiliado a este sindicato estivera de baixa durante o ano 2010, non podendo gozar das súas vacacións. Ante a súa solicitude de gozalas no ano 2011 o Director Territorial ditou resolución denegándollas, agora e debido á sentenza este traballador gozaraas neste ano.

10 de xuño de 2013

Convocadas as Axudas da Xunta de Galicia para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014


Diario Oficial de Galicia nº 103 de data 31/05/2013

1 - ORDE do 30 de maio de 2013 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria ou educación especial, en centros sostidos con fondos públicos, no curso escolar 2013/2014.

O prazo de presentación de instancias será o seguinte:

a) Para o alumnado de educación primaria e educación especial: do 3 de xuño ao 3 de xullo de 2013, ambos inclusive.
b) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 26 de xullo de 2013, ambos inclusive.
c) Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2013, ambos inclusive.
d) Para as novas incorporacións de alumnado que se produzan ao longo do curso con posterioridade aos períodos indicados, sempre que no mesmo curso escolar non estivesen matriculadas con anterioridade nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, o prazo será dun mes e contarase a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. En todo caso, o prazo para presentar a solicitude para as novas incorporacións terá como data límite o 31 de marzo de 2014

Para acceder o DOG de 31 de maio de 2013, prema AQUI

7 de xuño de 2013

CURSOS DE FORMACIÓN PARA FUNCIONARIOS DO INSTITUTO NACIONAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O SEGUNDO SEMESTRE DESTE ANO 2013


Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración do Estado.

O 6 de xuño publicouse no BOE (núm. 135) a oferta de Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se desenvolverán no segundo semestre de 2013.


Ø Formación en idiomas INGLÉS e FRANCÉS, dirixida a funcionarios en modalidade ON LINE e PRESENCIAL dirixidas a grupos e subgrupos A1, A2,  C1 e C2.


Ø Formación en MATERIAS DE TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E   COMUNICACIÓNS E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA, modalidade ON-LINE e PRESENCIAL dirixida aos grupos A1, A2, C1 e C2.


A presentación das solicitudes será telemática e o seu prazo de inscrición é dende o 7 de xuño ata o 21 de xuño.

ENLACE INAP  WWW.INAP.ES

Recuperación da Paga Extra de Decembro do 2012

Os tribuanis empezan a darnos parte de razón


Parece que non vamos ter problema, sempre que o Tribunal Constitucional dicte sentencia nese sentido, para recuperar a parte da paga descontada antes de publicado o decretazo, pois os tribunais estan dicindo que non se podia aplicar con caracter retroactivo. Esto sería a devolución dunha cuarta parte da mesma (Mes e medio: dende 1 de xuño a 14 de xullo).

O proceso para a recuperación total vai camiño de alongarse, canto menos para os FUNCIONARIOS pola lentitude dos procesos contencioso - administrativos, e para o persoal LABORAL estase á espera da sentencia da Audiencia Nacional que resolverá o conflicto colectivo plantexado.

Agora só nos queda esperar e agardar que Correos teña a ben facer efectivas as devolucións dese diñeiro canto antes, contando con que a Xusticia actúe como tal, no vaiamos vender a pel do oso antes de matalo.

Olla estas novas da prensa: Madrid2Noticias LaVozDigital

(Algúns traballadores/as da Diputación de Palencia non están nada mal retribuídos: 501 € pola cuarta parte da paga extra... En Correos non hai moitas extras de 2.004 €. Quen os pillara !!)




4 de xuño de 2013

Concurso de Traslados ¿ M A N I P U L A D O por C O R R U P T O S ?

"CORREOS Y CCOO HACEN FRAUDE EN CONCURSO TRASLADOS"


Ollado nos Foros: (Pica aquí) .


De ser certo o descaro e a falta de honradez dos protagonistas faise intolerable e teñen que rodar cabezas por feitos deste tipo.


3 de xuño de 2013

O luns día 3 de xuño abre a oficina de Correos de atención ó cliente de O BURGO (Culleredo)

 

As presas nunca foron boas compañeiras de viaxe

  • Foi formado e preparado o persoal que vai ocupar ese posto para desempeñar todas as funcións e servicios que ten que facer nesa oficina?? 

  • O local esta en condicións de acoller a oficina, tanto en cuestión de seguridade como de mobiliario  e demais material necesario para empezar a funcionar??

  • Moito nos tememos que parte da problemática que detectamos non ten solución "sobre a marcha" e que debería terse resolto antes da apertura da oficina.

     

    Para máis información olla estas notas de prensa: LA OPINION     EL IDEAL GALLEGO