7 de xuño de 2013

CURSOS DE FORMACIÓN PARA FUNCIONARIOS DO INSTITUTO NACIONAL DA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA PARA O SEGUNDO SEMESTRE DESTE ANO 2013


Estes cursos, son valorables tanto na mobilidade interministerial coma na promoción interna da Administración do Estado.

O 6 de xuño publicouse no BOE (núm. 135) a oferta de Actividades Formativas do Instituto de Administracións Públicas que se desenvolverán no segundo semestre de 2013.


Ø Formación en idiomas INGLÉS e FRANCÉS, dirixida a funcionarios en modalidade ON LINE e PRESENCIAL dirixidas a grupos e subgrupos A1, A2,  C1 e C2.


Ø Formación en MATERIAS DE TECNOLOXÍA DA INFORMACIÓN E   COMUNICACIÓNS E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA, modalidade ON-LINE e PRESENCIAL dirixida aos grupos A1, A2, C1 e C2.


A presentación das solicitudes será telemática e o seu prazo de inscrición é dende o 7 de xuño ata o 21 de xuño.

ENLACE INAP  WWW.INAP.ES