7 de xuño de 2013

Recuperación da Paga Extra de Decembro do 2012

Os tribuanis empezan a darnos parte de razón


Parece que non vamos ter problema, sempre que o Tribunal Constitucional dicte sentencia nese sentido, para recuperar a parte da paga descontada antes de publicado o decretazo, pois os tribunais estan dicindo que non se podia aplicar con caracter retroactivo. Esto sería a devolución dunha cuarta parte da mesma (Mes e medio: dende 1 de xuño a 14 de xullo).

O proceso para a recuperación total vai camiño de alongarse, canto menos para os FUNCIONARIOS pola lentitude dos procesos contencioso - administrativos, e para o persoal LABORAL estase á espera da sentencia da Audiencia Nacional que resolverá o conflicto colectivo plantexado.

Agora só nos queda esperar e agardar que Correos teña a ben facer efectivas as devolucións dese diñeiro canto antes, contando con que a Xusticia actúe como tal, no vaiamos vender a pel do oso antes de matalo.

Olla estas novas da prensa: Madrid2Noticias LaVozDigital

(Algúns traballadores/as da Diputación de Palencia non están nada mal retribuídos: 501 € pola cuarta parte da paga extra... En Correos non hai moitas extras de 2.004 €. Quen os pillara !!)