25 de xuño de 2013

Concurso Permanente de Traslados 8ª Resolución Xuño

6  prazas adxudicadas en Galiza:  A Coruña  1,   Lugo 1, Pontevedra 3 e Ourense 1.
Total Prazas Adxudicadas no Concurso 99 prazas :  17 reparto a pé, 37 reparto moto, 38 atención ao cliente e 7  axente clasificación.

Os listados completos da  8ª  adxudicación dispoñibles nas sección sindicais da C.I.G.

PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 30 DE XUÑO 2013.

PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 1 DE XULLO DE 2013.
- O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
- 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
- 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
- 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 28 DE XUÑO DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de  posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/07/2013)