11 de xuño de 2013

A CIG Correos Gaña os Dereitos Dos Traballadores Nos Tribunais de Xustiza

Sentenza dereito a vacacións en situación de I.T.

Os nosos servizos Xurídicos da CIG - Lugo, gañaron  unha sentencia do Tribunal Superior de Xustiza de A Coruña  sobre o dereito para o desfrute das vacacións cando estas coincidan cunha situación de Incapacidade Temporal.
Este compañeiro afiliado a este sindicato estivera de baixa durante o ano 2010, non podendo gozar das súas vacacións. Ante a súa solicitude de gozalas no ano 2011 o Director Territorial ditou resolución denegándollas, agora e debido á sentenza este traballador gozaraas neste ano.