12 de abr. de 2024

A CIG gaña demanda contra Correos por vulneración do dereito fundamental á integridade física

O Xulgado do Social nº 1 da Coruña ven de condenar á “SOCIEDAD ESTATAL DE CORREOS Y TELEGRAFOS S.A.” a realizarlle, a un traballador, un recoñecemento médico antes de incorporarse, despois dunha baixa prolongada, e ao pagamento de 4 mil euros en concepto de indemnización de danos e prexuízos por non protexer a saúde dos traballadores/as.

 A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG da Coruña,  logo da negativa de Correos de pactar no acto de conciliación celebrado no SMAC da Coruña.

 A CIG defendeu, e así o entendeu tamén a Xustiza, que a empresa está na obriga de facer unha avaliación da saúde dos traballadores/as cando se incorporan tras unha ausencia prolongada por motivos de saúde, coa finalidade de descubrir eventuais orixines profesionais e recomendar unha acción apropiada para protexer a saúde dos traballadores/as.

 A CIG, unha vez máis, demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos da empresa aos dereitos das/os traballadoras/es.

https://www.cigadmon.gal/correos