8 de xan. de 2024

Inscripcion no Programa de Substitucións Xefaturas intermedias



O proceso de selección do persoal operativo para o programa de substitucións de Xefaturas intermedias realizarase en dúas fases. A primeira incluirá a publicación das bases, os criterios de inscrición no proceso e de valoración de méritos xerais e específicos; A segundo incluirá un período de realización do programa formativo e de prácticas tras a superación da primeira fase.

CONDICIÓNS E REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

Poderán participar na presente convocatoria as persoas traballadoras de Correos que pertenzan ao colectivo de persoal laboral fixo ou funcionario interesadas en formar parte do programa de substitucións para os postos de Xefaturas Intermedias encadrados no Grupo profesional III do III Convenio Colectivo.

O persoal funcionario de carreira dos Corpos ou Escalas de Correos e Telégrafos pertencentes aos subgrupos de titulación C1, C2 e E (Agrupacións profesionais), adscritos a postos operativos.
O persoal laboral fixo clasificado nos grupos profesionais IV do III Convenio Colectivo da Sociedade Estatal Correos e Telégrafos, S.A., S.M.E.

Aqueles/as que participen na convocatoria haberán de posuír, ademais, a titulación académica oficial ou coñecementos, experiencia e aptitudes adquiridos para o desempeño da súa profesión equivalentes á mesma, prevista para o Grupo Profesional III, Persoal de Xefaturas Intermedias (Bacharelato ou Formación Profesional II ou equivalente).

Todos os candidatos/as haberán de manifestar a súa dispoñibilidade e compromiso para realizar substitucións dos postos encadrados no ámbito seleccionado (só se poderá solicitar un ámbito) en toda a provincia de destino.

PUBLICACIÓN

Esta convocatoria, publicarase a través da web corporativa


FORMA DE PARTICIPACIÓN E REXISTRO DE PERSOAS CANDIDATAS

As persoas interesadas na convocatoria deberán rexistrarse en e-Talent e seguir as instrucións e procedemento habilitado na intranet corporativa. O prazo de inscrición estenderase desde o día 8 ata o día 17 de xaneiro de 2024, ambos os incluídos. 

Para inscribirse faino a través do seguinte enlace:


Os interesados/as deberán consignar o ámbito no que queren participar dentro da súa provincia. Os postos encadrados en cada ámbito serán os seguintes:

- PRODUTOS E SERVIZOS: Dirección de Oficinas/ Xefaturas de Equipo
- DISTRIBUCIÓN: Xefaturas de Unidade/ Xefaturas de Equipo
- CENTROS: Xefaturas de Unidade/Xefaturas de Equipo

As funcións para cada un destes postos serán as recollidas no artigo 34 do III Convenio Colectivo.

Os requisitos, méritos e calquera outros datos deberán estar referidos á data de inscrición no proceso.

PROCEDEMENTO

PRIMEIRA FASE: PROCESO SELECTIVO

A) MÉRITOS XERAIS:

a. FORMACIÓN. Superación dos seguintes cursos:

i. Para os postos de Produtos e Servizos:

1. Portfolio de Produtos 2023
2. Habilidades Básicas para MMII
3. CRM Oficinas

ii. Para os postos de Distribución:

1. Portfolio de Produtos 2023
2. Habilidades Básicas para MMII
3. PDA CORE MMII

iii. Para os postos de Centros:

1. Portfolio de Produtos 2023
2. Habilidades Básicas para MMII
3. SGIE Centros Administrador

b. TITULACIÓN: Estar en posesión de Titulación universitaria oficial.

c. COÑECEMENTOS DE IDIOMAS

Acreditación de coñecementos de idiomas (coñecementos da lingua oficial propia de cada Comunidade e coñecementos do idioma inglés en razón ao nivel A2 para Distribución e Centros e B1 para Oficinas de acordo co Marco Común Europeo de Referencia (MCER).

Os cursos e idiomas serán valorados se foron superados antes do 28 de febreiro de 2024.

B) MÉRITOS ESPECÍFICOS

a. VALORACIÓN DE COÑECEMENTOS, APTITUDES E COMPETENCIAS.

i. Avaliación da carreira profesional e postos desempeñados. Na carreira profesional da persoa traballadora avaliarase o desempeño do posto de traballo relacionados con funcións similares ás solicitadas no ámbito seleccionado en Correos.

ii. Valoraranse os coñecementos, aptitudes e competencias de acordo co perfil de cada posto de traballo en Produtos e Servizos, Distribución e Centros. Para iso, realizaranse probas específicas, de forma global, que comprenderán a valoración do nivel de competencias e adecuación ao desempeño do posto de traballo das persoas solicitantes, tales como traballo en equipo, orientación a obxectivos, resolución de problemas, orientación ao cliente, xestión de equipos, etcétera. En concreto, serán tres probas diferenciadas:

• Un exercicio online tipo test para analizar as aptitudes necesarias para o desempeño do posto solicitado.

• Unha proba online tipo test, do ámbito solicitado, para comprobar o nivel de coñecementos relacionados coas diferentes Áreas Funcionais: Produtos e Servizos, Distribución e Centros.

• Unha dinámica de grupo, que poderá realizarse de forma virtual, na que se analizará o nivel de competencias de cada un dos candidatos/as, papeis e perfís de forma individualizada.

As probas poderán ser simultáneas no tempo ou ser unha antes que outra. En calquera caso, ningunha das probas é eliminatoria por si mesma, pero si é necesario realizar todas as probas para os que sexan convocados os/as candidatos/as, non podendo continuar no proceso se algunha delas non se realizou. É posible que non se convoque á realización dalgunha das probas por ter resultados en vigor das mesmas pola participación en anteriores procesos de selección.

SEGUNDA FASE: REALIZACIÓN DO PROGRAMA FORMATIVO E PRÁCTICAS

Unha vez superadas as probas selectivas, para completar o Programa de Substitucións, o persoal seleccionado deberá superar un programa de formación teórico-práctico que consistirá en:

• A superación do programa de formación que conleva finalizar as fases de formación online, presencial e en posto de traballo.

• Realizar unha ou varias substitucións, de polo menos un mes de duración (30 días), nun prazo non superior a dous anos.

INFORMACIÓN E PARTICIPACIÓN DAS ORGANIZACIÓNS SINDICAIS

O Programa de Substitucións enmárcase nos mecanismos de desenvolvemento profesional de Correos e a súa posta en marcha e desenvolvemento realízase previa negociación coas organizacións sindicais na Comisión de Emprego Central da determinación dos criterios de cada unha das fases. As OOSS serán informadas do desenvolvemento do proceso durante as fases que o compoñen (estado das candidaturas, estado do programa formativo, etc).

SISTEMA DE CHAMAMENTO

Tras a superación do proceso de selección polas persoas candidatas e a finalización do programa formativo, trataranse na Comisión de Emprego os criterios para o seu chamamento, garantindo que todos eles cumpran co requisito necesario para completar o programa de substitucións de realizar unha ou varias substitucións de polo menos un mes de duración no prazo de dous anos.


- COA CIG SOMOS MÁIS FORTES -