Correos primeiramente fai a
presentación do novo director de persoas e recursos humanos D. Juan López Pulido
que substitúe á dimitida María Teresa Díez.
De seguido infórmannos que hai outras
solicitudes á Xunta Electoral por parte de partidos políticos, na que piden
unha maior actividade e funcións máis amplas para os traballadores/as de
Correos nestas eleccións. Están á espera dese pronunciamento, pero desde
Correos xa advertiron á xunta electoral que Correos non pode asumir máis
actividades ou funcións.
Contratación: En canto á contratación volven coa súa mantra de que se contratará só o persoal
necesario.
Prioridades: Que a prioridade de Correos é garantir a integridade do
voto e a seguridade dos traballadores.
Depósito de envíos: Que falaron cos partidos políticos para que realicen os
depósitos da propaganda electoral con suficiente antelación, pero a realidade é
que por estratexia política elixen depositala practicamente o último día.
Oficinas: Que non se ten previsto que as oficinas abran os
domingos, pero está a estudarse a apertura das oficinas o 24 de xuño festivo en
Galicia.
Ao longo desta semana entregarannos un
borrador coas instrucións retributivas e organizativas de eleccións para o seu
estudo e posterior discusión a semana que vén.
Con respecto ao acordo adoptado pola
xunta Electoral Central de data 28 de maio que consta de 3 puntos infórmannos do
seguinte:
Con respecto ao primeiro punto do
Acordo en relación coa solicitude de voto por correo a través da web de
Correos, dinnos que a partir da semana que vén estará a funcionar.
Sobre o segundo punto informan que se
empregará o mesmo protocolo que o da entrega de notificacións, sen firma na PDA.
Sobre o terceiro punto e máis
controvertido non se pronuncian e dan paso á intervención sindical para saber a
nosa opinión.
A CIG na súa intervención fai mención que:
Correos vén prestando o servizo de
entrega e recollida desde sempre polos carteiros no ámbito rural; salvo
naquelas localidades nas que hai oficinas técnicas ou auxiliares.
Agora ben, a novidade está en que se
prestará este servizo en todos os ámbitos, urbanos e rurais, e para poder
prestalo necesitamos medios materiais e humanos.
Materiais:
-Que se doten de pantallas de metacrilato a todos os servizos rurais con
atención ao público que falten, incluídas as que teñen un servizo inferior a 90
minutos.
-Que se doten de pantallas faciais a
todos os traballadores/as en Galiza.
-Que se doten de equipos de protección
individual (luvas, xel e máscaras) suficiente en número e tallas.
Humanos
-Que se contrate persoal para cubrir
todas as prazas que estean sen titular pola causa que sexa (vacacións,
permisos, enfermidade, licenzas, excedencias, sensibles etc.) coa finalidade de
eliminar todas os recargos.
-A partir de ter cubertas todas as
prazas, proceder a realizar todos os contratos de Reforzo que resulten
necesarios.
Sen contratación sería imposible
afrontar cun mínimo de garantías estas eleccións tendo en conta que no proceso
de entrega e admisión do voto por correo pódese tardar entre 20 e 30 minutos
por cada entrega e a isto hai que engadir que o carteiro ten que repartir a
propaganda electoral, valixas, paquetería, notificacións, certificados e
resto de envíos ordinarios.
Desde CIG propoñemos realizar o
servizo de entrega e recollida do voto por correo con persoal voluntario,
dedicado única e exclusivamente para prestar este servizo.
Así mesmo débense de ditar unhas
instrucións claras e precisas para os empregados de Correos que non deixen
lugar a dúbidas nin a interpretacións, coa finalidade de evitar presións dos
partidos políticos.
Por protección e seguridade tanto dos
empregados de Correos como dos propios usuarios e clientes debido á actual
situación de pandemia nas instrucións deben constar claramente que o carteiro/a
en ningún caso debe entrar no domicilio para entregar documentación electoral a
persoas encamadas, nin acceder a
residencias xeriatricas nin hospitais ou sitio análogo. Todas estas persoas deben utilizar a un
representante legal para exercer o seu dereito a voto. (Correos contestou que
se compromete a ditar unhas instrucións claras e que o carteiro/a en ningún
caso vai a acceder ao interior de ningún domicilio nin xeriatrico nin Centro
Hospitalario)
En canto ao plano retributivo a CIG
presentou as súas alegacións por escrito o 26 de maio con número de rexistro
1456. Pero resumíndoas a CIG solicita:
- Un
Plus de perigosidade para todos/as os traballadores/as de Galicia de 150 €
- Un
incremento do 25% en todas as cantidades que se perciben pola distribución de
tarxetas INE, envíos con dirección, sen dirección, e gratificacións fixas.
- A
extensión da gratificación de 117.78 € incrementada nun 25% que perciben as USES,
a todas as Unidades de Reparto incluídos os servizos rurais que realicen a
distribución da documentación electoral (voto por correo)
- Que
o persoal Rural que participe na entrega nas Mesas Electorais e Recollida do
terceiro sobre, perciba o cento por cento da indemnización por achega de
vehículo e non como ata o de agora que só se cobra a parte do combustible.
- Que
a prestación de servizo o día 12 de xullo se retribúa como horas
extraordinarias + festivas (aproximadamente 19 €) e non só como horas extras
como se pretende.