Despois de tantas
promesas por parte dos sindicatos asinantes o tema dos sábados segue
igual. Correos remite por fin o Calendario Laboral 2020, sen cambios apenas, excepto
polas referencias ao COVID-19 e sen negociación coa CIG
Así queda
establecido o calendario laboral para 2020:
XORNADA ORDINARIA: Será de 1.711
horas anuais. Con carácter xeral a xornada de traballo efectivo será 37,5 horas
de media semanal. Para o persoal en réxime de especial dedicación será de 40
horas semanais. Cando se superen as 5 horas de xornada diaria continuada,
poderase gozar dunha pausa de vinte minutos, como traballo efectivo. Con carácter
xeral a pausa se desfrutará entre a segunda e cuarta hora.
INICIO XORNADA: Adaptarase en cada
centro ás necesidades operativas e de chegada das rutas. No ámbito de
distribución, con carácter xeral, non comezará antes das 7,30 horas da mañá de
luns a venres ata completar a xornada semanal de 37,5 horas.
VACACIÓNS: Os funcionarios terán
dereito a gozar dun mes natural ou de 22 días hábiles anuais. Non serán días
hábiles os sábados. Para o persoal
laboral serán dun mes natural
(A CIG segue a
reivindicar as vacacións por días hábiles para o persoal laboral). Con carácter
xeral, será entre os días 1 de xullo e 30 de setembro. Excepcionalmente e
debido á restrición de mobilidade polo COVID-19, as vacacións se poderán desfrutar
tamén no mes de outubro.
DÍAS ADICIONAIS DE VACACIÓNS:
Uniranse ás vacacións. Si se gozan en dous períodos, a cada un deles
engadiranse os días hábiles correspondentes, procurando que a distribución sexa
equilibrada. Excepcionalmente, sempre
que as necesidades do servizo permítano, os días adicionais poderanse gozar sen
unir ás vacacións e en período distinto ao vacacional.
DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES:
Serán 6 días de cada ano natural, os cales poderán gozarse ata o 31 de decembro
de 2020. Se por necesidades do servizo
non fose posible gozar os días durante este ano poderase prorrogar o seu goce
ata o 31 de xaneiro de 2021 (NOVIDADE: A denegación dos A.P. deberán
xustificarse por escrito).Sempre que organizativamente sexa compatible coas
necesidades do servizo e cos recursos humanos dispoñibles, poderanse acumular
os días por asuntos particulares ás vacacións anuais.
DÍAS DE ASUNTOS PARTICULARES POR ANTIGÜEDAD (CANOSOS): Os días de 2019 poderanse gozar polo persoal funcionario ata o 31 de
decembro de 2020.
CAMPAÑA DE NADAL: Desde o 1 ao
31 de decembro. O persoal operativo poderá gozar de ata dous días de permiso sen penalización, tras garantir unha adecuada
cobertura no servizo.
DÍAS 24 e 31 DE DECEMBRO: O
persoal que traballe os días 24 e 31 de decembro será o mínimo imprescindible.
O persoal que traballe eses días percibirán a gratificación correspondente por
cada un dos días traballados.
DÍAS 25 DE DECEMBRO e 1 DE XANEIRO: Como norma xeral non se prestará servizo eses días. Os empregados/as dos
centros de tratamento que traballen as noites dos días 25 ao 26 de decembro e 1
ao 2 de xaneiro, realizarán as horas adicionais de festivo que sexan necesarias.
IMPORTANTE: A
Empresa poderá modificar este Calendario Laboral en función da evolución do
COVID-19 (medidas organizativas de quendas, flexibilidade e/ou adaptabilidade
horaria, reincorporación paulatina e preferencia do teletraballo).
Para ver o calendario Laboral prema aquí: Calendario Laboral Correos 2020