Relacións Laborais de Zona 1 comunícanos que está
previsto que se realicen na provincia de A Coruña 107 contratos a xornada
parcial (4 horas) para o reparto de notificacións administrativas en quenda de
tarde. Dos cales 57 contratos serán para prestar servizos de luns a venres e 50
para prestar servizos os martes e xoves.
A
modalidade contractual que van a utilizar é a de contrato de obra, e a duración
destes contratos irá dende o 1 de outubro de 2017 ata o 31 de outubro de 2018.
O
sistema de chamamento que establecen é o seguinte:
-
Preferentemente
ós integrantes das Bolsas de Emprego que solicitaron xornada a tempo parcial.
-
Despois
ó resto dos integrantes das Bolsas de Emprego.
-
Por
último ás persoas que se presentaron á última Consolidación de Emprego.
No comunicado que
nos mandan infórmannos que, a parte do reparto de notificacións
administrativas, e de forma excepcional,
Correos poderá asignar outros produtos
cuxo reparto non sexa asumible polo cadro de persoal fixo da empresa. Dende
o sindicato C.I.G. trataremos de verificar se dentro do marco legal deste
contrato de obra, concertado para a entrega de notificacións, ten cabida que a
empresa mande repartir, aínda que sexa de xeito excepcional, outro tipo de produtos.
¡¡OLLO!!
Segungo o artigo 15.5 do Estatudo dos Traballadores "os traballadores que nun período de trinta meses estivesen contratados durante un prazo superior a vinte e catro meses, con ou sen solución de continuidade, para o mesmo ou diferente posto de traballo coa mesma empresa ou grupo de empresas, mediante dúas ou máis contratos temporais, sexa directamente ou a través da súa posta a disposición por empresas de traballo temporal, coas mesmas ou diferentes modalidades contractuais de duración determinada, adquirirán a condición de traballadores fixos."
Polo artigo anteriormente citado do E.T. Correos non está renovando a moitos compañeiros que estaban facendo os contratos de notificacións, pois segundo a Lei pasarían a ser fixos da empresa.