27 de dec. de 2012

Esmola de Nadal, ¿con trampa?




FACENDA DEVOLVERÁ AS COTIZACIÓNS DA EXTRA ÓS FUNCIONARIOS






O Goberno ben de anunciar que devolverá ós funcionarios o importe das cotizacións correspondentes a paga extraordinaria de decembro, un 3,86% é dicir entre 60 e  160 Euros. Iso si, será con moita calma, moita mais da que tivo a hora de facer os correspondentes descontos, xa que para elo darase un prazo de tres meses, durante o cal terá no seu poder o diñeiro que é de todos nos.

Tempo tivo dabondo este goberno  dende o 13 de xullo para emendar este saqueo, pero non o fixo ata que sufriu a suficiente presión. Danse de conta agora, tarde mal e nunca, do agravio? como eles mesmos din.

Pero o Sr. Ministro segue a insistir de que estes descontos son legais. Ata aí chegamos Sr. Montoro, a pesares do que vostede pense somos funcionarios, o que non é sinónimo de idiotas aínda que lle pareza mentira. Pero o que é legal non sempre é xusto, como é o caso. Non esquezamos que a legalidade sempre a fai o que ten a sarten polo mango. Cunha maioría absoluta, como ten o PP, pódense promulgar toda clase de Leis ou R. Decretos, como fai este goberno  aínda sabendo que son totalmente inxustos; senón que llo pregunten os funcionarios, os profesionais da sanidade, do ensino, os pensionistas, etc…

A verdadeira inxustiza segue a ser Sr. Ministro que vostedes nos rouben a paga extra non quedando para nada compensado con que nos devolvan as cotizacións. Ademais non explicou como o van a facer. Modificarán o haber regulador? Se así é a inxustiza sería dobre porque o que farían sería baixarnos as nosas pensións. É isto o que vai facer? Explíquese Sr. Montoro, senón esta esmola que nos esta a vender pode ser un regalo envelenado.