28 de dec. de 2012

O persoal da administración pública concéntrase en San Caetano para manifestar a súa oposición á nova rebaixa salarial

A Área Pública da CIG considera “indecente” que se presente como un “recoñecemento” ao seu esforzo a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo en xaneiro 

Mentres Feijoo se reunía co seu goberno no Consello da Xunta, traballadoras/es do sector público concentrábanse en San Caetano, para manifestar a súa oposición ao novo recorte que se aplicará nos seus salarios en 2013. Ao berro de “mans arriba, isto é un atraco”, denunciaron as súas cada vez máis precarias condicións laborais e as “mentiras” tanto do Presidente, como dos conselleiros. Para a Área Pública da CIG é, ademais, “indecente” que se presente como un “recoñecemento ao seu esforzo” a posibilidade de solicitar un anticipo da paga extra de xullo no mes de xaneiro, logo do “saqueo” do que están sendo vítimas, cando se lles recortará nesa e na seguinte paga extra e cando se lles adebeda a deste Nadal. Adiantan xa que, ante isto, convocarán mobilizacións.

Para máis información PREME AQUÍ