4 de mar. de 2013

Miles de persoas percorren Compostela para reclamar, fronte a corrupción e as políticas antisociais, soberanía nacional


Miles de persoas percorreron este domingo Compostela para denunciar a corrupción e a destrución social e cultural que sofre Galiza e baixo o lema “Polo dereito ao traballo, á igualdade, aos servizos públicos e á plena soberanía nacional galega. Por un proceso constituínte e de ruptura democrática”. A manifestación, que rematou nunha ateigada Praza de Praterías, foi convocada por organización políticas, sindicais e estudiantís, nomeadamente polo BNG, o CCPI, a CIG, COG, FRUGA, MPB, Nós-UP, AGIR, AMI, BRIGA, os Comités, Galiza Nova, ISCA! e a Liga Estudantil Galega.