27 de dec. de 2012

Concentración do persoal da administración pública este xoves en San Caetano

Coincide co Consello da Xunta no que se aprobará a redución salarial para o ano 2013

 

As organizacións sindicais con presenza na Mesa Xeral da Función Pública, entre as que se atopa a CIG, convocan para este xoves, día 27 de decembro, ás 11:00 horas, unha concentración en San Caetano, coincidindo coa celebración do Consello da Xunta no que previsibelmente se aprobará a redución salarial para o persoal público no ano 2013.

 

O Partido Popular pretende reducir, do total da masa salarial de todas/os as/os empregadas/os públicas/os de Galiza un 4% para o ano 2013. Deste xeito, nas retribucións de cada traballador/a vaise aplicar esa redución nas pagas extra de xullo e setembro, sacándolle o complemento específico a todo o persoal da administración. Así, en función da súa contía, isto suporá unha rebaixa nas retribucións anuais de entre o 2% e o 7%. Para quen non teña ese concepto, o desconto farase igualmente, pero na paga extra.

As organizacións sindicais están pendentes de saber como se pretende materializar ese desconto salarial no caso do persoal do SERGAS, que ten uns complementos específicos de contías moi inferiores aos do resto do persoal da administración pública