22 de dec. de 2021

Novo Modelo de Carteria

 


Na reunión da Comisión Estatal de Saúde Laboral do día 19 de outubro Correos informou a todas as OOSS que o novo modelo de carteria era unha proba piloto que comezaría no mes de novembro en 14 unidades de reparto a nivel nacional. Sen embargo de xeito sorprendente sen consulta nin información previa a partir do día 15 de decembro este novo sistema se implantou progresivamente en  200 unidades a nivel estatal.

A CIG tanto na Mesa da Comisión Estatal de Saúde Laboral como na Mesa Sectorial solicitou a paralización inmediata da implantación deste cambio nas condicións de traballo do persoal de reparto.

Os traballadores/as preguntan se Correos pode facer estes cambios na organización do traballo?

Lamentablemente a resposta é que Si, porque así esta establecido no artigo 29 do  III Convenio Colectivo que di textualmente que: A organización do traballo é facultade exclusiva da empresa.

Lembremos que o III Convenio foi asinado por CCOO e UGT e NON pola CIG porque como explicamos no seu día era lesivo para os intereses dos traballadores/as.

Agora estes sindicatos intentan eludir a súa responsabilidade mentindo e confundindo aos traballadores/as votando as culpas a outros,  pero a realidade de porque estamos así é que levan anos asinando Convenios (incluso un deles a escondidas nun hotel) dando carta branca a Correos para que fixera o que quixera a cambio de miles de horas de liberación (así vemos como non collen nas seccións sindicais) e cartos para a formación.

Outro exemplo claro das montaxes e falacias destes sindicatos é que na Declaración sobre o Plan Estratéxico, documento non vinculante asinado pola  CIG, NON figura nin un só punto sobre o desmantelamento das carterias. Unicamente dende a máis ampla inxenuidade se pode un tragar tan falsa afirmación.

A CIG está rotundamente en contra do novo modelo de carteria que elimina mobiliario necesario, como son as mesas e cadeiras para realizar as tarefas diarias de clasificación e embarriado, e que elimina as seccións e distritos.

Dende a CIG tomaremos todas as medidas necesarias na defensa dos traballadores/as e apoiaremos todas aquelas medidas que se acorden coa finalidade de reverter esta situación. Así mesmo presentaremos denuncias nas Inspeccións de traballo onde Correos non cumpra en realizar as avaliacións de riscos preceptivas.

A CIG é a primeira Forza sindical en Galiza grazas ao apoio dos traballadores/as que son coñecedores que a CIG non se vende nin se lucra cos expedientes de regulación de emprego como fixeron alg úns CCOOmpañeiros e oUGTros e tampouco negocia ás costas dos traballadores/as.