A Área Pública da CIG acusa a Feijoo de “tramposo e manipulador” por intentar vender unha rebaixa salarial como un logro
O persoal de Ensino, Sanidade e Administración pública dependente da Xunta de Galiza verá reducidos os seus ingresos nun 4%
Contra
as 14:00 horas deste venres, reuníanse representantes das organizacións
sindicais e da administración na mesa xeral da Función Pública. Sen
documentación previa e sen outra información que a filtrada á prensa desde a
propia Xunta de Galiza recibían a confirmación de que en 2013 verán rebaixados
os seus salarios. O anuncio acababa en liorta, desaloxando dentro ás/aos
representantes sindicais e cunha contundente actuación policial no exterior do
edificio da EGAP.
Para máis información PREME AQUÍ