23 de feb. de 2015

CIG: Concentracións en contra da reforma da Lei do Aborto

A Secretaría das Mulleres da CIG rexeita a reforma 'exprés' da lei do aborto e reivindica o dereito das mozas a decidir



A central sindical chama a participar nas concentracións convocadas para o  luns dia 23 de febreiro en diferentes cidades
O Goberno do Partido Popular materializou o abandono do proxecto de reforma integral da Lei do Aborto poñendo en marcha de xeito apresurado, a través dunha proposición de lei orgánica, o cambio dun único artigo, o referido ao permiso paterno para as mulleres de entre 16 e 18 anos, obrigándoas a ter o consentimento da/os proxenitoras/es. 
Para máis información e para ollar os lugares e horas das concentracións preme AQUI