3 de dec. de 2018

Instruccións Campaña Nadal 2018


Agasallo de Nadal? ........ Ni un céntimo de suba. 

Estes son os grandes logros dos sindicatos asinantes máis pendentes de futuras convocatorias para encher as academias, que de mellorar as condicións laborais e salariais.

Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2018

Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.

Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
  • Permanecer vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de decembro.

  • Ser persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo parcial) e persoal eventual.

  • Excluíndose os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia campaña e as contratacións especificas para entrega de notificacións en quenda de tarde.

 Traballar nunha das seguintes áreas: 
reparto ordinaria, reparto urxente, clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual, produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A, condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.

Penalizacións:

Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo e o terceiro 18,03 €. con máis de tres días pérdese o dereito á percepción económica.

Exceptúanse da penalización:

*    Os accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun familiar ata segundo grao.

*    Dous días de permiso de asuntos particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións sempre que as necesidades do servizo o permitan a partires do día 11 de decembro.

Medidas organizativas:

*    Poderanse organizar e efectuar reparticións puntuais.

*    En admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento poderase autorizar a realización de horas adicionais.

Días 24 e 31: 

Módulo de 79,48 € por traballador/día. deberán prestar servizo:

O persoal mínimo imprescindible tanto en admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.

Só abrirán as oficinas de centros comerciais, axustando o horario de atención ao público ao propio do Centro Comercial.

Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:

Non traballará ninguén. o persoal dos centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.

Pagamento da campaña: correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga efectivo a finais de xaneiro.