O 19 de outubro
tivo lugar a 6ª Xuntanza da Comisión de Emprego Estatal para tratar as Bases
para a apertura das Bolsas de emprego e os sindicatos asinantes do Convenio e
Acordo Xeral (CCOO, UGT, CSIF e S.L.) practicamente dan por pechada a negociación,
claudicando así ante as esixencias de Correos..
Correos emprazou a
estes sindicatos para o vindeiro luns 23 outubro, indicando que esa reunión
será a ultima e o mesmo luns unha vez rematada a xuntanza, Correos realizará a
publicación das Bases das Bolsas de Emprego definitivas e o martes día 24 de outubro abrirá o prazo de inscrición nas bolsas.
Estas son as últimas novidades presentadas por Correos:
Ø
Aumentan a puntuación por servizos
prestados 1 punto, pero seguen sen
querer que se recoñeza a antigüidade
total. (só a queren recoñecer a partires do o 1 de maio de 2012)
Ø
Reducen 0.5 puntos a puntuación
pola posesión do carné de moto (A,A1, e A2) e continua a valoración do carné de coche (B)
para as Bolsas de Reparto 2, Axente Clasificación e Atención ao Cliente.
Ø
Reducen a puntuación pola
Titulación Universitaria de 8 a 7 puntos .
Ø
Formación: eliminan algúns
dos cursos, pasando dos 11 propostos inicialmente aos 6 que se valorarán finalmente.
Os Cursos e puntuacións propostas son as
seguintes:
CURSOS FORMACIÓN
|
PUNTOS
|
Digitalización
I
|
1.10
|
Digitalización
II Avanzado.
|
1.10
|
Correos
al Servicio del Cliente.
|
1.00
|
Habilidades
Personales Personal Operativo.
|
1.75
|
Excel
Básico Personal Operativo.
|
2.85
|
Acogida
y Procesos de Trabajo.
|
1.20
|
.
Dende a CIG seguemos reivindicando que se teña en
conta a antigüidade total en Correos,
que se retiren as revisións médicas arbitrarias, que non se valore a posesión
do carné de coche (B) para os postos de Reparto a Pé, Axente Clasificación, e
Atención ao Cliente, que a formación especifica a valorar sexa impartida na súa
totalidade por Correos, que se dote dun sistema transparente estando as bolsas
publicadas na intranet e na web de Correos de tal xeito que calquera integrante
da bolsa poida acceder a ela e realizar un seguimentos das contratación en
tempo real, que tódolos contratos sexan a tempo
completo, que se rematen dunha vez por todas coas rotacións.