28 de xul. de 2025

Mesa Sectorial do 24 de xullo: VENDEN OS NOSOS DEREITOS


Na Mesa Sectorial celebrada o 24 de xullo a pouca seriedade que demostra a empresa na negociación, convocando ás OOSS 48 horas antes e entregando a documentación, a menos de catro horas do inicio da reunión. 

Tamén denunciamos a política de contratación CERO que está a practicar a empresa, avalada polos sindicatos CCOO, UGT e CSIF, asinantes do Acordo Marco.

Ao contrario da empresa, dende a CIG entendemos que esta medida non aforra cartos se non todo o contrario, é pan para hoxe e fame para mañá. O que se está a conseguir é:
  • Perda de clientes.(Por incumprimentos nos prazos de entrega).
  • Pago de indemnizacións por notificacións fóra de prazo.
  • Perda de confianza como servizo postal. (Prefiren remitir os seus envíos con outras empresas).
  • Incremento do absentismo. (Por esgotamento físico e mental dos traballadores/as ).
  • Incremento da sinistralidade laboral. 
Sobre o documento presentado a CIG dí o seguinte:
  • Non se fala nada das 35 horas semanais,
  • Non se fala de suba salarial, nin da cláusula de revisión salarial, para garantir como mínimo que non sigamos perdendo poder adquisitivo. 
A única fórmula que plasman no documento para cobrar unhas esmolas máis, é QUE VENDAMOS OS NOSOS DEREITOS. 
  • Vender á empresa o dereito a gozar as vacacións no verán. 
  • Ceder á empresa o 10% da xornada anual (170 horas) para que as empregue cando queira.
PUNTOS QUE CONTEN O DOCUMENTO ENTREGADO:

1-Bolsa de horas (10% da xornada - 170 horas) Correos pretende poñelo en marcha no mes de outubro. Como criterio xeral a bolsa de horas funcionará dende o 1 de xuño do ano en Curso ate o 31 de maio do ano seguinte, a excepción do 2025 que comezará o 1 de outubro de 2025 ate o 31 de maio de 2026.
  • A xornada non será superior a 9 horas nin inferior a 5 horas. 
  • Cando o uso da bolsa implique o incremento da xornada, (traballar máis da xornada ordinaria de 7´30 horas) esta poderá realizarse calquera día da semana incluídos sábados, domingos e festivos. A empresa establece un prazo de preaviso de 3 días para comunicarnos a xornada que realizaremos. Pero por necesidades do servizo o prazo redúcese a 24 horas.
  • NON contemplan a Conciliación familiar, só deixan unha coletilla que di: que se terá en conta na medida do posible...
2-Creación dunha Nova Mesa Negociadora para a Implantación dun Novo Modelo Operativo tanto en rede de Oficinas, Loxística e Distribución. (Correos pretende unha transformación integral adaptándonos ao MIX de produtos). 

3-CICLO de Emprego 
Falta de candidatos nas Bolsas: Correos pretende unha solución provisional mentres non se convoquen as novas bolsas. A través dunha modificación no Anexo do Convenio quedando os criterios de chamamento da seguinte forma:
  • Os integrantes das bolsas.
  • Xente con experiencia no reparto .
  • Os inscritos a través do portal de emprego. (Que se habilitará para tal efecto).
CONVOCATORIA DE EXAME DE INGRESO

A prebenda de CCOO para asinar sen ningún complexo todo o que a empresa poña enriba da mesa. Único punto que reclamaron con vehemencia na reunión.

Queda pendente unha terceira Fase de negociación que debe rematar antes do 25 de novembro do 2025 e que se implantará en xaneiro do 2026:
  • Regulación da quenda de tarde.
  • Regulación das vacacións fóra do período ordinario. 
  • Modelo denominado “Cuarto Turno” (de martes a sábado).