26 de feb. de 2016

CIGcorreos: Xa se pode solicitar praza nas escolas infantís de 0-3 anos da Axencia Galega de Servizos Sociais

Poderanse presentar as peticións de renovación ou novo ingreso até o vindeiro 25 de marzo

A Secretaría das Mulleres da Confederación Intersindical Galega (CIG) informa que se vén de abrir o proceso para a adxudicación de prazas nas Escolas Infantís de 0 a 3 anos dependentes da Axencia Galega de Servizos Sociais, para o curso 2016/17. Dende a central sinalan que na mesma resolución tamén se regula a solicitude do Bono Concilia (anterior cheque infantil), dirixido ás persoas solicitantes que non obteñan praza nestas escolas.



Para máis información preme AQUí
Publicación no DOG preme AQUÍ



24 de feb. de 2016

#CIGcorreos Cando impera a hipocresía...e decides formar parte dela.

Cando segues o xogo dos hipócritas... non te consideres mellor que eles




Hai certos sindicatos nesta empresa onde traballamos que se reconfortaron no seu día vendendo con redoble de tambores, que son asinantes dun maravilloso Convenio Colectivo e dun Acordo Xeral non menos extraordinario para todos.

A nosa pregunta dende a ignorancia, vai enfocada a buscar unha resposta diante da situación incomprensible que se da, cando estes sindicatos de cada certo tempo -mais ben pouco- se dedican a demandar do persoal o seu apoio, respaldo e incluso que se mobilicen  para reclamar cuestións que deberían estar reguladas por Convenio, ou que incluso xa estan recollidas no Convenio, pero que non cubren as espectativas do persoal e daquela faise preciso facer o "paripé" para trasladar esas culpas compartidas con Correos, fora da súa casa.

A qué están a xogar?

Primeiro asinan exclusivamente por interés particular: Información privilexiada, postos para amigos, liberados a pedir de boca, pasta para cursos...

Logo, cando o persoal descubre que o Convenio ou Acordo non son tan bos como lles venderon, a culpa é de Correos e recurren ós traballadores/as para que demanden melloras ou reclamen dereitos tratando de desmarcarse do foco da culpabilidade que como asinantes deberían asumir.

Todos aqueles que, ainda sen formar parte do entramado destes sindicatos, os apoian e se afilian a eles, non teñen mellores intencións que eles e agardan con esa postura obter un beneficio persoal para o seu proveito individual, sabendo de todas as artimañas que estes manexan e que venden como conquista sindical, sen importarlles o mais mínimo o ben do colectivo.

Todos/as os que estades suscribindo as súas peticións tedes que saber que as discriminacións e diferencias entre colectivos de funcionarios e laborais, tanto en dereitos como en retribucións tiñan unha moi doada solución, que se podía ter acadado cando se asinaron o Convenio e Acordo:

Unha cláusula que recollera que calquera tipo de mellora que se aprobara para un dos colectivos que automáticamente se trasladara ó outro.

Nada dificil de facer, pero tal vez se se fixera así acabábase coas prevendas e eso non interesa.

Seguimos tendo os representantes sindicais que o persoal libremente elixíu, daquela que ninguén se vote as mans a cabeza se as cousas non van como prometeron ou como agardamos.

Dende a CIGcorreos seguimos aqui, moi a pesar deles, facendo porque esto cambie e mellore



19 de feb. de 2016

CIGcorreos: As axudas do Estado a CORREOS

LEVAMOS MÁIS DE UNHA SEMANA ALMORZANDO COA DUBIDA DE SI CORREOS ESTA OU FOI SUBVENCIONADO POLO ESTADO IRREGULARMENTE, GRAZAS O INTERESE DESMEDIDO DALGÚNS GRUPOS DE PRESIÓN QUE CONTROLAN CERTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E TRATAN CON TODAS AS SÚAS FORZAS DE DESACREDITAR ESTA SOCIEDADE.



A prestación do servicio postal universal, que lle esta encomendada a Correos en España, leva aparellada a defensa do dereito á comunicación postal en todo o territorio do Estado a un prezo asequible e sen ningún tipo de discriminación.
Dado que a prestación deste servizo público é deficitaria, precisa de axudas económicas para poder levalo a cabo, é polo que a Comunidade Europea obriga ós Estados membros a subvencionar as entidades que prestan ese servizo para que o poidan realizar e así garantir ese dereito á comunicación dentro da C.E.

Logo desta denuncia presentada diante da Comunidade Europea, por un eurodipatado dun partido moi ligado ós grupos empresariais que compiten con Correos (Que casualidade), estamos ante unha simple auditoría para comprobar se a cantidade aportada polo estado é a que corresponde e se Correos a emplea para compensar ese servizo.

Nos como traballadores/as de Correos somos os primeiros interesados en que as contas sexan craras e trasparentes. De feito, dende a CIG estamos denunciando todo oscurantismo informativo que agacha Correos, en canto temos oportunidade.

Estamos seguros que a aportación que fai o Estado non é suficiente para cubrir o gasto que supon a prestación do servicio postal universal, o que non sabemos é se Correos desvía este diñeiro ou parte del para outras sociedades do grupo deixando desatendido o Servicio Postal Universal.

Se hai e se demostran irregularidades, ben por parte do Goberno, ou por parte de Correos, so agardamos que as responsabilidades se depuren con nomes e apelidos esixindo a reposición dos danos, e non se queden limitadas en acusacións e sancións a unha Sociedade Estatal, tendo que facernos cargo delas todos os cidadans e desacreditando con elo a todo Correos.

A mala intención que poñen algúns medios de comunicación á hora de facerse eco da noticia, deixaos en evidencia e lonxe de tratala con obxectividade, fanno seguindo os designios e intereses do seu grupo, postura que por certo xa non nos sorprende, pero que nos fai sentir vergoña allea.


Podes ollar esta noticia na prensa:




12 de feb. de 2016

Publicado o Listado Provisional de Méritos dos Solicitantes do Concurso Permanente de Traslados

Hoxe 10 de febreiro a empresa procedeu á publicación dos listados provisionais de méritos do Concurso Permanente de Traslados.

*           PRAZO DE PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS:

DENDE O 10 DE FEBREIRO ATA O 16 DE FEBREIRO DE 2016 AMBOS INCLUÍDOS

Débense comprobar os méritos para presentar as posibles reclamacións, achegando a documentación necesaria, nas Unidades de Recursos Humanos de cada provincia. Non se inclúen a valoración dos dous puntos referente á saúde dos traballadores, por razóns de protección de datos.

*           CONSULTA DOS LISTADOS:

Os listados só poderán consultarse a través da Intranet Corporativa

https//conecta.correos.es/personas/Paginas/convocatoria.aspx.

As unidades de RRHH de cada provincia facilitarán a consulta de méritos aos participantes que o soliciten.

*           Número de Solicitudes:

Ø Solicitudes de Fixos descontinuos:       840
Ø Solicitudes de persoal Funcionario:   1.223
Ø Solicitudes de persoal Laboral:         7.564
Ø Número total de solicitudes:       9.627


Para máis información ou consulta ponte en contacto coa xente da C.I.G.


8 de feb. de 2016

Concurso de Traslados

O vindeiro 10 de Febreiro reúnese a Comisión do Concurso de Traslados na que farán entrega dos Listados de  Méritos Provisionais do Concurso de Traslados e informarannos do prazo para facer as reclamacións e apertura do mesmo.

Dende a CIG esixiremos que se oferten todas as prazas vacantes en Galiza


Prazas Outros Ministerios (Persoal Funcionario)


MINISTERIO DE XUSTIZA.


*           Publicadas prazas no BOE 28 do 2 de febreiro de 2016.

*           Orde JUS/87/2016 do 20 de xaneiro.

*           O prazo de presentación de instancias é de 15 días a partir do seguinte á publicación no BOE.

*           O persoal de correos podemos optar a todos os postos sempre e cando reunamos os requisitos de participación e ocupación esixidos na convocatoria.

Postos ofertados en Galiza para os subgrupos C1 e C2:

A Coruña, Lugo, Vigo e Pontevedra.


Enlace BOE prema AQUÍ