14 de nov. de 2016

CIGcorreos: Indignación en Correos de Ourense por traslados forzosos e recortes

Denuncian os inconvenientes da reubicación obrigatoria do distrito 4 e dos enlaces rurais da UR2, que levan acompañadas a amortización de dous postos de traballo.

Despois da decisión deste traslado inxustificable e decidido de xeito unilateral e poñendo en práctica a política de feitos consumados por Correos, sen ter en conta o persoal afectado nin escoitar alegacións nin propostas dos sindicatos, non desvotamos ningún tipo de medida diante desta decisión que non mellora nin as sobrecargas de traballo, nin as distancias por recorrido, incrementando o recargo de traballo, as acumulacións e incluso a fricción entre os propios compañeiros.

Esta medida ven ademáis acompañada da amortización de dous postos de traballo, 1 no distrito 1 e outro no distrito 4 desta cidade, continuando coa política de redución de plantilla que leva imprantando a empresa nos ultimos anos buscando reducir os custos e mellorar resultados económicos sen ter en conta o servicio público que se presta e a merma de calidade que supón de cara ós usuarios destes servicios prestados por Correos.

Dende a CIG rexeitamos por completo esta medida e trataremos con todos os medios que temos ao noso alcance que non se poña en practica, loitando ata onde podamos co respaldo do persoal afectado.(Xa para este luns esta previstas concentracións e recollida de sinaturas de todo o persoal contrarias a esta decisión)

Para máis información PREME AQUÍ