24 de feb. de 2016

#CIGcorreos Cando impera a hipocresía...e decides formar parte dela.

Cando segues o xogo dos hipócritas... non te consideres mellor que eles




Hai certos sindicatos nesta empresa onde traballamos que se reconfortaron no seu día vendendo con redoble de tambores, que son asinantes dun maravilloso Convenio Colectivo e dun Acordo Xeral non menos extraordinario para todos.

A nosa pregunta dende a ignorancia, vai enfocada a buscar unha resposta diante da situación incomprensible que se da, cando estes sindicatos de cada certo tempo -mais ben pouco- se dedican a demandar do persoal o seu apoio, respaldo e incluso que se mobilicen  para reclamar cuestións que deberían estar reguladas por Convenio, ou que incluso xa estan recollidas no Convenio, pero que non cubren as espectativas do persoal e daquela faise preciso facer o "paripé" para trasladar esas culpas compartidas con Correos, fora da súa casa.

A qué están a xogar?

Primeiro asinan exclusivamente por interés particular: Información privilexiada, postos para amigos, liberados a pedir de boca, pasta para cursos...

Logo, cando o persoal descubre que o Convenio ou Acordo non son tan bos como lles venderon, a culpa é de Correos e recurren ós traballadores/as para que demanden melloras ou reclamen dereitos tratando de desmarcarse do foco da culpabilidade que como asinantes deberían asumir.

Todos aqueles que, ainda sen formar parte do entramado destes sindicatos, os apoian e se afilian a eles, non teñen mellores intencións que eles e agardan con esa postura obter un beneficio persoal para o seu proveito individual, sabendo de todas as artimañas que estes manexan e que venden como conquista sindical, sen importarlles o mais mínimo o ben do colectivo.

Todos/as os que estades suscribindo as súas peticións tedes que saber que as discriminacións e diferencias entre colectivos de funcionarios e laborais, tanto en dereitos como en retribucións tiñan unha moi doada solución, que se podía ter acadado cando se asinaron o Convenio e Acordo:

Unha cláusula que recollera que calquera tipo de mellora que se aprobara para un dos colectivos que automáticamente se trasladara ó outro.

Nada dificil de facer, pero tal vez se se fixera así acabábase coas prevendas e eso non interesa.

Seguimos tendo os representantes sindicais que o persoal libremente elixíu, daquela que ninguén se vote as mans a cabeza se as cousas non van como prometeron ou como agardamos.

Dende a CIGcorreos seguimos aqui, moi a pesar deles, facendo porque esto cambie e mellore