19 de feb. de 2016

CIGcorreos: As axudas do Estado a CORREOS

LEVAMOS MÁIS DE UNHA SEMANA ALMORZANDO COA DUBIDA DE SI CORREOS ESTA OU FOI SUBVENCIONADO POLO ESTADO IRREGULARMENTE, GRAZAS O INTERESE DESMEDIDO DALGÚNS GRUPOS DE PRESIÓN QUE CONTROLAN CERTOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN E TRATAN CON TODAS AS SÚAS FORZAS DE DESACREDITAR ESTA SOCIEDADE.



A prestación do servicio postal universal, que lle esta encomendada a Correos en España, leva aparellada a defensa do dereito á comunicación postal en todo o territorio do Estado a un prezo asequible e sen ningún tipo de discriminación.
Dado que a prestación deste servizo público é deficitaria, precisa de axudas económicas para poder levalo a cabo, é polo que a Comunidade Europea obriga ós Estados membros a subvencionar as entidades que prestan ese servizo para que o poidan realizar e así garantir ese dereito á comunicación dentro da C.E.

Logo desta denuncia presentada diante da Comunidade Europea, por un eurodipatado dun partido moi ligado ós grupos empresariais que compiten con Correos (Que casualidade), estamos ante unha simple auditoría para comprobar se a cantidade aportada polo estado é a que corresponde e se Correos a emplea para compensar ese servizo.

Nos como traballadores/as de Correos somos os primeiros interesados en que as contas sexan craras e trasparentes. De feito, dende a CIG estamos denunciando todo oscurantismo informativo que agacha Correos, en canto temos oportunidade.

Estamos seguros que a aportación que fai o Estado non é suficiente para cubrir o gasto que supon a prestación do servicio postal universal, o que non sabemos é se Correos desvía este diñeiro ou parte del para outras sociedades do grupo deixando desatendido o Servicio Postal Universal.

Se hai e se demostran irregularidades, ben por parte do Goberno, ou por parte de Correos, so agardamos que as responsabilidades se depuren con nomes e apelidos esixindo a reposición dos danos, e non se queden limitadas en acusacións e sancións a unha Sociedade Estatal, tendo que facernos cargo delas todos os cidadans e desacreditando con elo a todo Correos.

A mala intención que poñen algúns medios de comunicación á hora de facerse eco da noticia, deixaos en evidencia e lonxe de tratala con obxectividade, fanno seguindo os designios e intereses do seu grupo, postura que por certo xa non nos sorprende, pero que nos fai sentir vergoña allea.


Podes ollar esta noticia na prensa: