30 de abr. de 2013

Chegou o ERE a Chonoexpres, filial de paquetería do grupo CORREOS

Un 7,7 % da plantilla de Chronoexpres verase afectada polo ERE

 

Dun cadro de persoal de 1.245 traballadores despiden a 63, mentras que 33 serán recolocados ou se teñen que ir con baixas incentivadas.




O xefe compartido por todo o grupo Correos, a S.E.P.I. non se anda polas ramas, despreocúpase dos traballadores e segue coa política de redución de postos de traballo.
Con este ERE pretenden que os conductores deixen de ser de plantilla para que se convirtan en autónomos
Ademáis funcións que se viñan realizando con persoal propio agora terán que facelas con persoal externo o que vai elebar os custos na vez de reducir o deficit, que é a causa que utilizaron para xustificar o ERE.

¿¿ Teremos que poñer as barbas a remollar en Correos ??


Para máis información olla a prensa:  (EUROPAPRES.ES)


29 de abr. de 2013

A CIG convoca este Primeiro de Maio baixo o lema “Partido Popular–Unión Europea: menos dereitos, máis pobreza”

   
Chama a mobilizarse para pór punto e final “a este roubo, a este saqueo contra a poboación máis débil, contra a clase traballadora”

A Confederación Intersindical galega convoca manifestacións, neste Primeiro de Maio, en todas as cidades e en moitas vilas de Galiza facendo un chamamento a parar as políticas deseñadas polo Partido Popular baixo o mandato da Unión Europea. Políticas que están a provocar unha cada vez maior perda de dereitos e o empobrecemento masivo da poboación. “Constantes reformas que nos deixan sen dereitos para darlles diñeiro aos bancos, ás grandes empresas, aos especuladores/as e aos corruptos/as”.

A CIG denuncia o ataque ás pensións, os dereitos no traballo abaratando o despedimentos, incrementando a xornada laboral, reducindo os nosos salarios, causando máis paro e pobreza. “Somos vítimas dos desafiuzamentos, perdemos o fogar, os aforros. Reducen as nosas prestacións por desemprego ao 50% a partir do sexto mes. Elimínanlle o dereito ao subsidio para maiores de 55 anos a centos de miles de persoas, suprimindo a cotización durante estes anos e, como consecuencia, castigando a pensión de todos e todas as que perderon o seu traballo”.


25 de abr. de 2013

A CIG advirte que dará unha resposta dura e contundente se o venres o Consello de Ministros aproba novos recortes

O Secretario Xeral adianta, durante a asemblea de delegados/as celebrada en Lugo, que a central non descarta a convocatoria dunha Folga Xeral

O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, volveu reiterar este mércores que a central nacionalista non dubidará en dar a resposta “dura e contundente”, incluída a convocatoria dunha Folga Xeral, se o próximo venres o Consello de Ministros aproba un novo paquete de medidas con máis recortes para as clases populares. Así o asegurou ante os delegados e delegadas que participaron na asemblea aberta celebrada este mércores en Lugo, dentro dos actos de preparación do Primeiro de Maio.

24 de abr. de 2013

A Comisión Nacional da Competencia sanciona cunha multa millonaria a Correos de 3,31 millóns de €


A denuncia presentouna a Asociación profesional de empresas de reparto e manipulado de correspondencia.

Para máis información consultar a publicación    Expansión     El Mundo

                               ¡Estes queren acabar con nos!

22 de abr. de 2013

6ª Resolución Concurso Permanente de Traslados (Abril)


5  PRAZAS ADXUDICADAS EN GALIZA:  4  A CORUÑA,  1  LUGO .
TOTAL PRAZAS ADXUDICADAS NO CONCURSO 178 PRAZAS :  19 REPARTO A PÉ, 36 REPARTO MOTO, 114 ATENCIÓN AO CLIENTE e 9  AXENTE CLASIFICACIÓN.
OS LISTADOS COMPLETOS DA  6ª  ADXUDICACIÓN DISPOÑIBLES NAS SECCIÓN SINDICAIS DA CIG.

 PRAZOS DE CESE

Para todos os postos o cese será o día 30 DE ABRIL 2013.

 PRAZOS DE INCORPORACIÓN

A incorporación será a partir do día 2 DE MAIO DE 2013.

v O día seguinte se o traslado é na mesma localidade.
v 2 Días na mesma provincia ou illa ( Si se adianta ó día seguinte 60 €)
v 6 Días entre localidades da península que non pertenzan a mesma provincia (si se adianta ó segundo día 180 €)
v 10 Días entre illas Ceuta e Melilla e península (Se a toma e ó terceiro día 300 €)

­ Se optas pola compensación económica debes entregar o Anexo 3 en Recursos Humanos, antes do 26 DE ABRIL DE 2013.
­ Os prazos posesorios empezarán ó rematar os permisos, licencias,... Se tes licencia por enfermidade ou  baixa dilixéncianche o cese e toma de posesión de oficio.
­ O prazo posesorio será como de servicio activo salvo para excedentes voluntarios ou para o coidado de fillos.
­ Se comporta reingreso ó servicio activo o prazo de posesión será de un mes (Dende o día 01/05/2013)


18 de abr. de 2013

24 de abril Manifestación e Acto Público da CIG en Lugo




Curso ON LINE para Funcionarios do Subgrupo C2 que carezan de Titulación para acceder ao Subgrupo C1



Curso para acceder ao grupo C (actualmente, subgrupo C1) a partir do grupo D (actualmente, subgrupo C2) para aqueles funcionarios que carezan da titulación correspondente, teñan entre cinco e dez anos de antigüidade e superen un curso de formación ao que deberán acceder por criterios obxectivos.

Para máis información consultar a publicación BOE Nº 93 DO 18 DE ABRIL


16 de abr. de 2013

O INFORME DUNHA CONSULTORA DEIXA A CORREOS ÓS SEUS TRABALLADORES/AS E OS SEUS DIRIXENTES POLO CHAN

Correos aporta pouco ó PIB e os seus empregados son improductivos, segundo un borrador en mans do Goberno

A Comisión Nacional do Servicio Postal encarga un estudio á consultora Arup que revela graves ineficiencias na Sociedade Estatal de Correos e Telégrafos. A empresa xera pouco valor, a productividade está polo chan e os ingresos desplomáronse. 

 

Que medidas pretenden xustificar con este informe que non se achega á realidade de Correos? Teremos que poñernos a tremer?


Para máis información consultar a publicación AQUÍ

12 de abr. de 2013

CANTO PERDES POR ESTAR DE BAIXA EN CORREOS??

Encima de sufrir a enfermidade descóntannos unhas cantidades desproporcionadas dos nosos salarios.


Supoñamos un caso dun Operativo cunha antigüidade de 18 anos que sufre unha baixa de 20 días por enfermidade común e que xa non pode gozar do beneficio da compensación dos 4 primeiros días de baixa no ano porque xa os esgotou en baixas anteriores.

Imos ver canto se perde nestes postos concretos por ter este tipo de baixa:


Posto de Traballo
Réxime
DESCONTO TOTAL
Atención Cliente 2
Funcionario
398 €
Atención Cliente 2
Laboral
565 €
Reparto Moto
Funcionario
391 €
Reparto Moto
Laboral
557 €
Reparto Pé
Funcionario
377 €
Reparto Pé
Laboral
549 €
Axente Clasificación 2
Funcionario
365 €
Axente Clasificación 2
Laboral
538 €

Dende a CIG criticamos que os sindicatos asinantes aceptaran no seu día a paga de productividade vinculada ó absentismo, sempre mantivemos que esas subidas tiñan que ir directamente para o noso sueldo base e non para un complemento que hoxe nos dan e mañá nos quitan, como así pasa. 

Ós funcionarios penalízannos por partida dobre:  Pérdese o Complemento de Producción e Asistencia, A penalización por trimestre deste Complemento, o 50% dos 3 primeiros días de baixa e o 25% dos días entre o 4º e o día 20º.

Os laborais perden por partida triple: o Complemento de Producción e Asistencia, A penalización trimestral deste Complemento, o 100% dos 3 primeiros días de baixa e o Complemento de Permanencia e Desempeño (Tramos) de tres meses.

¡¡É intolerable que se penalice economicamente a enfermidade¡¡




10 de abr. de 2013

Xoves 11 de Abril concentracións convocadas pola CIG


Concentracións contra o decreto para a contratación da mocidade, os recortes no subsidio a maiores de 55 e nas pensións

Este xoves, día 11 de abril, en todas as cidades de Galiza por volta das 20:00 ou 20:30 horas
A CIG convoca concentracións en cidades e vilas de toda Galiza este xoves, día 11 de abril, para manifestar a oposición da central sindical ás reformas aprobadas polo goberno no último mes. Reformas como o decreto para a contratación da mocidade; a autorización ás mutuas para dar altas de enfermidade; a das pensións anticipadas, voluntarias ou forzosas e o recorte do dereito ao subsidio para maiores de 55 anos, que considera que provocarán máis pobreza e discriminación entre a clase traballadora.
Concentracións
A Coruña, ás 20:00 horas na Subdelegación do Goberno
Compostela ás 20:00 h. na Praza do Toral
Ferrol, ás 19:00 horas na Praza do Concello
Ourense, diante da Subdelegación do Goberno español ás 20.00 horas
Pontevedra, na Praza da Peregrina ás 20.00 horas
Vigo, na farola da Urzaiz ás 20.00 horas
Vilagarcía: ás 20:00 horas, na Praza de Galiza

Lugo: ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno.


9 de abr. de 2013

Desmantelamento Progresivo de Correos en Galiza

A imparable carreira que segue Correos para facer desaparecer postos de traballo

Van saltando cas súas reformas de cidades a pobos e de pobos a cidades para disimular a verdadeira intención:  A REDUCCIÓN BRUTAL DOS POSTOS DE TRABALLO.

Das Unidades de Reparto centrais de Lugo e Vigo pasaron agora á U.R. 2 da Coruña onde reducen 9 postos de traballo, deixando entre elas o traballo feito en varias oficinas técnicas. A seguinte parada ? Ferrol, Ourense, Santiago...

Cando teñan rematado co proceso dos 3.600 postos que hai actualmente en Galiza, despois da desaparición dun 30% quedarán pouco máis de 2.500.



Faltan cartas e o camiño máis doado para Correos é reducir postos de traballo, ninguén se plantexa a posibilidade de buscar máis carga de traballo e aínda que se contemple esa alternativa, para eles non é motivo suficiente para  paralizar o proceso de desaparición de postos.

A outra cuestión pendente é saber se os postos que se reducen en cada reforma son os xustos ou se a empresa aproveita a circunstancia e recorta mais postos dos que o redimensionamento pode soportar.


 Para máis información preme aquí: AVANTARSERMOS GALICIA, A OPINIÓN

4 de abr. de 2013

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos


A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2013. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.
Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro 11 de maio.

No seguinte enlace podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude.

1 de abr. de 2013

Prazas Outros Ministerios


BOE: Nº 76 DO VENRES 29 DE MARZO 2013 Orden ESS/489/2013


PRAZAS EN GALIZA: A Coruña, Betanzos, Carballo, Cee , Ferrol, Sarria, O Barco de Valdeorras, Ribadavia, Redondela, Tuy e Vigo.


SUBGRUPOS: A2, C1 e C2.