4 de abr. de 2013

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos


A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2013. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.
Poderán beneficiarse desta prestación aquelas aquelas persoas que teñan fillas/os menores de tres anos o 1 de xaneiro de 2013 (nacidas/os entre o 2.1.2010 e o 1.1.2013, inclusivos) que, durante o ano 2011, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro 11 de maio.

No seguinte enlace podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude.