25 de abr. de 2013

A CIG advirte que dará unha resposta dura e contundente se o venres o Consello de Ministros aproba novos recortes

O Secretario Xeral adianta, durante a asemblea de delegados/as celebrada en Lugo, que a central non descarta a convocatoria dunha Folga Xeral

O Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, volveu reiterar este mércores que a central nacionalista non dubidará en dar a resposta “dura e contundente”, incluída a convocatoria dunha Folga Xeral, se o próximo venres o Consello de Ministros aproba un novo paquete de medidas con máis recortes para as clases populares. Así o asegurou ante os delegados e delegadas que participaron na asemblea aberta celebrada este mércores en Lugo, dentro dos actos de preparación do Primeiro de Maio.