27 de feb. de 2012

A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo


 A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo por parte da empresa contratada por Correos en Lugo (Para isto si hai cartos)

A ninguén se lle escapa que a contratación desta empresa para controlar as baixas é unicamente para reducir o absentismo e non para velar pola saúde dos traballadores, utilizando métodos policiais co único fin de aforrar pasta. Na  CIG, recibimos queixas da médica da empresa contratada, tanto sobre as formas (prepotencia, desconsideración, citacións cunha frecuencia innecesaria ou citacións de traballadores recén operados...) A actuación desta médica varía dependendo de se es persoal laboral ou funcionario:

Así se es persoal laboral, trata de premerte para que te deas de alta, aínda que non esteas de todo recuperado, pero debemos ter en conta que nunca o médico de empresa pode darche a alta directamente.Non obstante, e o que é peor, cando se trata do persoal funcionario, os seus informes son clave para que o órgano administrativo correspondente, neste caso, para que a Dirección Territorial, che denegue a licenza.

Todo isto puxémolo, en coñecemento da Dirección da Zona I de Correos para que tome as medidas oportunas e poña fin a estas prácticas, non de seguimento das baixas, senón perseguir coma se fosen delincuentes aos traballadores que están enfermos e se encontran de baixa cun parte médico expedido polo seu médico. Así mesmo solicitamos que se prescinda dos servizos desta empresa dado que o médico da empresa xa está de alta.

Non é lóxico que Correos, unha empresa de reparto, en vez de investir en contratación para cubrir todas as baixas dos carteiros, prefira investir en contratar mutuas externas para perseguir os compañeiros que están enfermos.

Se tedes algún problema co voso recoñecemento médico, poñervos en contacto connosco.

 
INFORMA

24 de feb. de 2012

Informe da CIG sobre a nova reforma laboral

O Gabinete Técnico de Economía da CIG vén de facer público un documento no que se analizan os principais contidos da nova reforma laboral promovida polo PP e que endurece notablemente todas as medidas esenciais das normativas anteriores co único obxectivo de protexer os empresarios. O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.
O texto comeza lembrando que dende a crise económica dos anos 80 iniciouse un proceso continuado de desmantelamento do dereito do traballo a prol da parte máis forte nas relacións laborais, o capital. Até o de agora, as tres grandes reformas foron reformas para a crise, que non solucionaron nin incidiron no gravísimo problema do desemprego, pero que determinaron o modelo de relacións laborais en todo o territorio do Estado español.

A de 1984 centrada na flexibilidade de acceso ao traballo determinou a precariedade laboral típica do noso mercado laboral; a de 1994 centrouse na flexibilidade interna empeorando as condicións de traballo e configurando unha negociación colectiva a peor; a reforma de 2010 facilitou a saída, axilizando e abaratando o despedimento. Pechábase así un círculo infernal contra os traballadores e traballadoras.

Ante ese desmantelamento dos dereitos laborais, o único que lles restaba era combater directamente o contrapoder sindical, impor a individualización das relacións laborais e dificultar a autoorganización da clase traballadora. Tal cometido abordouse coa reforma da negociación colectiva no 2011 combinada cunha sistemática campaña de desprestixio do sindicalismo.

Todas estas reformas foron impostas polos Gobernos do PSOE. Agora, o actual Goberno do PP tira de látego para aprobar outra reforma que endurece notablemente todas as medidas esenciais das reformas anteriores co único obxectivo de protexer aos empresarios . O seu núcleo duro afecta á contratación, á flexibilidade interna, á negociación colectiva e ao despedimento.

Temos que seguir insistindo, diante da cidadanía, na necesidade de loitar por un cambio de sistema económico que nos permita construír un modelo de organización social e económico moito máis xusto, solidario, democrático, sostíbel desde o punto de vista social e ambiental, que estea realmente ao servizo dos intereses da clase traballadora e que garanta, no noso caso, o dereito a decidir como nación o noso futuro, é dicir, o dereito a exercer a nosa soberanía política. 

Analise da reforma laboral, prema aquí

Folleto explicativo sobre a reforma laboral, prema aquí

15 de feb. de 2012

Aberto o prazo para solicitar a prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores.

A Secretaría de Muller da CIG informa da publicación no DOG da orde pola que se establecen as bases para a concesión da prestación económica de pagamento único por fillos e fillas menores de tres anos para este 2012. A Xunta volve excluír destas axudas ás persoas que o pasado ano presentaron a declaración da renda, aínda sen ter a obriga de facelo.

Poderán beneficiarse desta prestación aquelas persoas con fillos/as nacidos entre o 2 de xaneiro de 2009 e o 1 de xaneiro de 2012 e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración da renda correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
A prestación consistirá nun pagamento único de 360 euros por cada crianza menor de tres anos e o  prazo para entregar as solicitudes estará aberto até o vindeiro luns 26 de marzo.
No arquivo adxunto podes consultar a orde publicada no DOG e descargar o formulario de solicitude.

As bases no Diario Oficial de Galicia  DOG

Extraído do boletin da CIG Avantar


13 de feb. de 2012

A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira

A Confederación Intersindical Galega considera que todas as medidas recollidas na reforma laboral van dirixidas a flexibilizar e abaratar o despedimento e as condicións laborais e proporcionar man de obra barata á patronal. A reforma pretende ademais debilitar a negociación colectiva, dividir aos traballadores e individualizar as relacións laborais. O secretario xeral, Suso Seixo, afirma que “vai provocar unha caída xeneralizada dos salarios, o empobrecemento da clase traballadora, máis desigualdades sociais e a exclusión social dos máis desfavorecidos”. Ante isto, a CIG considera que con todas as medidas que se veñen aplicando e agora con esta reforma laboral, a única resposta posíbel é a folga xeral.

Máis información aquí

12 de feb. de 2012

Luz verde ao ERE exprés

El Gobierno del Partido Popular ha despejado de un plumazo las dificultades que los empresarios encontraban a la hora de tramitar despidos colectivos: amplía las causas objetivas para que se puedan acoger a este modelo de despido y elimina la autorización previa. Pero también, acelera la tramitación. De esta forma, la reforma laboral que ayer entró en vigor facilita y formaliza el ERE exprés.

Esta fórmula para reducir las plantillas de forma barata no terminaba de funcionar como pretendían los empresarios. Hasta ahora, en la mayoría de los casos, los representantes de los trabajadores y la dirección de las compañías se veían abocadas a negociar las condiciones de este despido, lo que provocaba que mejoraran lo que establece la ley: 20 días de indemnización por año trabajado, con un máximo de 12 mensualidades. Y lo hacían porque el ERE debía contar con el visto bueno previo de la autoridad administrativa (el ministerio de Empleo o las consejerías de Trabajo). Además, si el ERE no se presentaba con un acuerdo entre las partes los trabajadores podían acudir al juez. Y esto, podía alargar con exceso el procedimiento. La situación provocaba que más del 90% de los ERE fueran pactados y con unas condiciones mejores a las previstas en la legislación laboral para este tipo de despidos colectivos.

Ler todo artigo aquí

11 de feb. de 2012

Reforma Laboral

Real Decreto-lei 3/2012, de 10 de febreiro, de medidas urxentes para a reforma do mercado laboral. 
Podedes consultalo no seguinte enlace
 http://www.boe.es/boe/dias/2012/02/11/pdfs/BOE-A-2012-2076.pdf

7 de feb. de 2012

A CIG convoca Folga Xeral para finais de marzo de 2012

A conferencia sindical da CIG do 7/02/12 aprobou por aclamación a convocatoria de FOLGA XERAL para finais de marzo, á espera de consensuar coas forzas sindicais que apoien a convocatoria unha data definitiva.O seu secretario xeral, Xesús Seixo, explicou os motivos da mobilización durante unha rolda de prensa.

3 de feb. de 2012

Onde está a convocatoria de ingreso?


Ia ser a finais de xaneiro según Correos e os sindicatos asinantes (CCOO, UGT, CSIF e SL)
 
pero…DE QUE ANO?

Dende a CIG-Correos exisimos que deixen de xogar coas persoas que se están preparando, sin saber, nin como nin cando van a ser os exames, descoñecendo as bases, o que fai que dubiden da existencia da convocatoria de ingreso.

Faise preciso un pronunciamento oficial de Correos neste sentido… PERO XA!

 
NON + ABUSOS DE CORREOS
NON + XOGOS CONSENTIDOS
POLOS SINDICATOS ASINANTES
á conta das persoas que
buscan un emprego en correos