27 de feb. de 2012

A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo


 A CIG denuncia o estado policial do control do absentismo por parte da empresa contratada por Correos en Lugo (Para isto si hai cartos)

A ninguén se lle escapa que a contratación desta empresa para controlar as baixas é unicamente para reducir o absentismo e non para velar pola saúde dos traballadores, utilizando métodos policiais co único fin de aforrar pasta. Na  CIG, recibimos queixas da médica da empresa contratada, tanto sobre as formas (prepotencia, desconsideración, citacións cunha frecuencia innecesaria ou citacións de traballadores recén operados...) A actuación desta médica varía dependendo de se es persoal laboral ou funcionario:

Así se es persoal laboral, trata de premerte para que te deas de alta, aínda que non esteas de todo recuperado, pero debemos ter en conta que nunca o médico de empresa pode darche a alta directamente.Non obstante, e o que é peor, cando se trata do persoal funcionario, os seus informes son clave para que o órgano administrativo correspondente, neste caso, para que a Dirección Territorial, che denegue a licenza.

Todo isto puxémolo, en coñecemento da Dirección da Zona I de Correos para que tome as medidas oportunas e poña fin a estas prácticas, non de seguimento das baixas, senón perseguir coma se fosen delincuentes aos traballadores que están enfermos e se encontran de baixa cun parte médico expedido polo seu médico. Así mesmo solicitamos que se prescinda dos servizos desta empresa dado que o médico da empresa xa está de alta.

Non é lóxico que Correos, unha empresa de reparto, en vez de investir en contratación para cubrir todas as baixas dos carteiros, prefira investir en contratar mutuas externas para perseguir os compañeiros que están enfermos.

Se tedes algún problema co voso recoñecemento médico, poñervos en contacto connosco.

 
INFORMA