Grazas a insistencia da CIG na Comisión
Estatal de Saúde Laboral, Correos empezou a facer as medicións do gas Radon en Galiza comezando nas
comarcas de Ourense e Santiago de Compostela.
Que
é o radon?
O radon é un gas radioactivo emitido pola
desintegración de elementos químicos do uranio presentes na terra e nas rochas.
É invisible, inodoro e insípido, e se filtra a través das fendas do chan para
difundirse polo ar.
Como
pode provocar cancro de pulmón?
Na súa descomposición no ar, o radon
desprende pequenas partículas radioactivas que ao ser inhaladas deposítanse nas
células que recubren as vías respiratorias. Está comprobado que é la segunda
causa de cancro de pulmón despois do tabaco, e pode ser a primeira en persoas
que non fuman.
Estanse
tomando medidas para evitalo?
Non, e iso que a OMS catalogouno como
elemento canceríxeno. No ano 2018 entrou en vigor unha normativa europea que
pon o límite permitido nos 300 bq/m3, e na lexislación laboral introdúcense as medicións
do radon, pero só se realizan cando un traballador ou sindicato o denuncia.
Como
se mide o gas Radon?
Hai que solicitalo nun laboratorio
autorizado e pódese obter resultados con medicións ao longo de tres meses.
Como
se elimina?