Produtividade e remuneración para a campaña de Nadal 2017
Percibirase unha gratificación de 95,08 € polo conxunto da campaña de Nadal.
Os requisitos para poder cobrar esta gratificación son:
Permanecer
vinculado e en activo en correos de forma ininterrompida dende o 1 ao 31 de
decembro.
Ser
persoal funcionario, laboral fixo (incluídos fixos descontinuos e fixos a tempo
parcial) e persoal eventual.
Excluíndose
os contratos por circunstancias da produción realizados para atender a propia
campaña e as contratacións especificas
para entrega de notificacións en quenda de tarde.
Traballar
nunha das seguintes áreas: repartición ordinaria, repartición urxente,
clasificación de cartería, apartados, ruteros, persoal operativo dos centros e
unidades de tratamento (admisión masiva, clasificación automática, manual,
produtos rexistrados e carga e descarga), sala de aparatos, rurais A,
condutores interzonais e intercentros, cambio de Madrid e Barcelona, persoal
operativo das oficinas postais os xefes das unidades afectadas. Os rurais B e
empregados/ás con xornadas a tempo parcial en proporción á súa xornada.
Penalizacións:
Por inasistencia descontarase da gratificación, o primeiro día 12,02 €, o segundo
e o terceiro 18,03 €. con máis de
tres días pérdese o dereito á percepción económica.
Exceptúanse da penalización:
Os
accidentes de traballo en novembro ou decembro, nacemento, acollemento e
adopción dun fillo, violencia de xénero, falecemento ou enfermidade grave dun
familiar ata segundo grao.
Dous días de permiso de asuntos
particulares, A.P. por antigüidade ou días adicionais ás vacacións sempre que
as necesidades do servizo o permitan a partires do día 11 de decembro.
Medidas organizativas:
Poderanse
organizar e efectuar reparticións puntuais.
En
admisión masiva, carga e descarga, salas de dirección e centros de tratamento
poderase autorizar a realización de horas adicionais.
Días 24 e 31: módulo de 79,48 € por traballador/día.
deberán prestar servizo:
O persoal mínimo imprescindible tanto en
admisión e oficinas coma en tratamento e distribución.
Só abrirán as oficinas de centros
comerciais, axustando o horario de atención ao público ao propio do Centro
Comercial.
Días 25 de decembro e 1 de xaneiro:
Non traballará ninguén. o persoal dos
centros de tratamento, que por quenda, traballe a noite do 25 ao 26 de decembro
e do 1 ao 2 de xaneiro percibirá as horas adicionais de festivo.
Pagamento da campaña:
correos comprométense a axilizar os trámites para que o seu pagamento se faga
efectivo a finais de xaneiro