Estes dous sindicatos inician estes días unha recollida
de firmas para esixir ao Ministro Montoro e a Correos que se compre UNIPOST. Que
Correos asuma as débedas desta empresa que ten con Facenda, a Seguridade Social
e que ademais se faga cargo do persoal de INIPOST uns 2.200 traballadores directos
de Unipost máis outros 2.000 das franquicias, un total de 4.200 que entrarían
pola porta de atrás, sen exame e sen estar en bolsas, miúda estafa para tódolos
compañeiros que están nas academias.
Estes sindicatos lonxe de esixir que esa Macroinversión
vaia a Correos, antepoñen os seus intereses sindicais poñendo en grave perigo a
viabilidade de Correos.
Os traballadores de Correos antes de asinar a petición
destes sindicatos deberían preguntarse:
Por que estes sindicatos non apostan polo futuro de
Correos??
Por que estes sindicatos non iniciaron unha recollida de
firmas cando se eliminaron nestes últimos 10 anos 15 mil postos de traballo en
Correos?
Por que pretenden deixarnos sen traballo en Correos baleirando
de contido as carterias, entregando a Unipost o correo. É que non temos xa un
claro exemplo con Correos Express que esta deixando sen contido de traballo as
USES??
Xa que son firmantes do Convenio e Acordo Xeral por que
non se preocupan con ese afán de terminar cos recargos??
Por que non fan cumprir o Convenio e esixen a Correos a
suba do prezo do combustible para o persoal rural que esta conxelado o prezo
que se paga dende o ano 2011??
Por que CCOO
e UGT poñen en risco a viabilidade de Correos e os postos de traballo actuais e
a futura consolidación de emprego???