O Xulgado nº 3 de Lugo ven de condenar a
Correos a indemnizar a unha traballadora eventual integrante da Bolsa de Foz
Atención ao cliente por saltarse a orde de prelación nos chamamentos da
contratación.
A denuncia foi presentada pola Asesoría Xurídica da CIG
de Lugo, logo que Correos quixera
impoñer os seus criterios con respecto aos chamamentos na modalidade de
contratos por interinidade. O E.T. con respecto a este tipo de contratos establece
un límite temporal de 6 meses nun período de 12 meses, sen embargo a pesares do
que di a Lei,Correos alegaba que a non contratación era correcta pois eles
toman como referencia 180 días no lugar dos seis meses para os contratos por
interinidade e a afiliada da CIG neste caso tiña 151 días de contrato e polo
tanto non se lle podía facer un contrato dun mes ou 30 días, porque se excedía nun
día segundo as súas contas ( 151 días + 30 días = 181 días), mentres que dende a CIG defendiamos que o tema dos
180 días que alegaba Correos, non estaba no Convenio e polo tanto os
chamamentos debían ser tal e como está reflectido no Estatuto dos Traballadores
que establece un límite temporal de 6 meses nun período de 12 meses e non de
180 días como defendía Correos, pois hai meses que teñen 31 días e a Lei non
debe prexudicar en ningún caso ao traballador. Ao final o Xuíz deunos a razón.
A CIG unha vez máis demostra que é o único sindicato que denuncia os atropelos dos dereitos dos traballadores, mentres
outros van de comparsa e aplaudidores as mesas de contratación, de traballo
etc.,etc.